GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda comparte coa diáspora o ‘Día de Galicia en Euskadi’ e alaba os trinta anos de traballo da Irmandade de Centros

(06/07/2015)

Miranda comparte coa diáspora o ‘Día de Galicia en Euskadi’ e alaba os trinta anos de traballo da Irmandade de Centros

 

O secretario achegouse de novo este ano ata a gran celebración galega no País Vasco, que ten lugar de maneira rotatoria nas localidades nas que se asentan os centros integrados na entidade que dirixe Pilar González. 

 

O senador Iñaki Anasagasti e Manuel Bautis, galego asentado en Ermua, foron os homenaxeados nesta trixésima edición. 

 

  • A 30ª edición do Día de Galicia que organiza a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi celebrouse en Ermua
    A 30ª edición do Día de Galicia que organiza a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi celebrouse en Ermua

 

 

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015.

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu coas galegas e cos galegos residentes no País Vasco, e os seus veciños e veciñas, a trixésima edición do Día de Galicia -organizado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, que preside Pilar González- que cada ano se celebra de maneira rotatoria nalgunha das localidades nas que se asentan as comunidades galegas integradas na Irmandade.

 

Na súa alocución, Miranda salientou os múltiplos vencellos que uniron a cidadás e cidadáns vascos e galegos ao longo dos anos, especialmente nos dous últimos séculos: “Son moitos os episodios de alegrías, e tamén de sufrimentos, nos que ambos pobos soubemos estar xuntos, e unimos os nosos esforzos”, asegurou nunha terra onde a presenza galega é especialmente destacada.

 

A este aspecto tamén fixo referencia o secretario xeral cando agradeceu nomeadamente a Ermua a integración da colectividade de orixe galega, pois nesa vila, ata hai ben pouco tempo, case a metade da súa poboación tiña esta procedencia: “Esta cidade é paradigma representativo da boa recepción que Galicia tivo no País Vasco, como o é da capacidade de integración dos emigrantes galegos e mesmo daqueles galegos de segunda xeración xa nados na diáspora”.

 

“Unha integración”, continuou Miranda, “que non tería sido posible sen o papel activo dos gobernos locais e tamén do galego, e nese sentido quero agradecer ao alcalde -e na súa figura facer un recoñecemento extensivo a toda a poboación- a acollida que sempre tiveron os meus paisanos”.

 

O responsable autonómico en materia de Emigración agradeceu o traballo intenso durante estes trinta anos da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, promotora da iniciativa do ‘Día de Galicia’, pondo en valor os esforzos da actual directiva de González, pero tamén de “todas e todos os que nos precederon, sen cuxo abnegado labor, ás veces en condicións precarias, non poderiamos estar hoxe nesta celebración”.

 

Castelao
O pregón da festa correu a cargo do filólogo Paulo Martínez Lema, quen fixo un paralelismo histórico e tamén lingüístico –dando un erudito repaso a expresións comúns dun e outro pobo- entre Euskadi e Galicia, e agradeceu a honra de representar os profundos respecto e admiración que se tributan ambos pobos.

 

De seguido, entregouse a Anduriña de Prata da Irmandade ao senador Iñaki Anasagasti, “un vasco defensor dos valores que representou sempre Castelao”, sobre quen ten escrito un libro, “na súa defensa dunha Galicia dona e orgullosa de seu”, segundo destaca a Irmandade no recoñecemento ao homenaxeado. Precisamente, Rodríguez Miranda destacou a feliz coincidencia de que se lle recoñecera a un vasco o seu achegamento e difusión de Castelao xusto no día en que, na Galicia territorial, tiña lugar a entrega das Medallas que levan o nome do egrexio rianxeiro.

 

A Irmandade recoñeceu tamén o labor do empresario galego Manuel Bautis, nado en Santiago pero con medio século de residencia en Ermua, quen agradeceu a mostra de cariño dos seus paisanos e paisanas “a un directivo de segunda fila”. Un aspecto que, na súa alocución, Miranda contestou: “Pero persoa de primeira, como tantos que teñen defendido a Galicia alí onde se asentan”.

 

Ademais de Miranda e do propio Anasagasti, estiveron presentes na gran celebración das colectividades galegas no País Vasco outras autoridades locais, como o alcalde da vila de Ermua, Carlos Totorika, ou o director do Gabinete da Consellería de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno Vasco, José Manuel Bujanda.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas