GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 400 mozos lograron, desde novembro, visado para estudar e traballar en Australia

(02/07/2015)

Máis de 400 mozos lograron, desde novembro, visado para estudar e traballar en Australia

 

Más de 400 jóvenes españoles han obtenido visado para estudiar y trabajar en Australia, desde noviembre.

Máis de 400 mozos españois obtiveron visado para estudar e traballar en Australia, desde novembro.

 

A Rexión Internacional 01/07/2015


Máis de 400 mozos españois obtiveron visado para estudar e traballar en Australia desde que o pasado mes de novembro entrase en vigor o Programa de Mobilidade subscrito entre ambos os países en setembro. A segunda fase do programa prevé conceder outros 500 visados máis, que poden solicitarse a partir deste mércores 1 de xullo.

 

Segundo datos facilitados pola embaixada de España en Australia, neste mesmo período obtiveron visado para estudar e traballar en España unha ducia de australianos.

 

O convenio entre ambos os estados contempla a posibilidade de expedir até 500 visados para cidadáns de cada un dos países co obxectivo de facilitar o coñecemento e a comprensión mutuos mediante o incremento de oportunidades para os mozos españois e australianos, gozando de períodos de estancia, que inclúan vacacións, estudos e experiencia laboral.

 

Información na rede

Pola súa banda, a organización Aussie You Too anunciou que, ante a renovación feita por ambos os países, organizará esta xornada unha charla online para informar os detalles do proceso de aplicación.

 

O programa de visados está dirixido a profesionais entre 18 e 30 anos. Entre os requisitos que deben cumprir os solicitantes atópase a esixencia de polo menos dous anos en educación superior, bo manexo do idioma, non ter nenos ao seu cargo, ou contar con diñeiro suficiente para sufragar a súa manutención.

 

No aspecto educativo, os que participen no programa poderán matricularse nun ou máis cursos educativos ou de formación que non excedan de catro meses de duración.

 

O permiso laboral obtido para traballar en cada país non poderá ser superior aos 12 meses, independentemente da situación nacional de emprego, e os beneficiarios non poderán traballar para o mesmo empleador máis de seis meses durante a súa estancia, a menos que conten con autorización expresa do país anfitrión.

 

Finalmente, ambos os estados resérvanse o dereito de rexeitar calquera solicitude, denegar a entrada no seu territorio ou deportar por incumprimento das súas leis. Ademais, calquera das partes pode terminar o convenio en calquera momento con tres meses de antelación por motivos de seguridade pública, orde pública, saúde pública ou risco de inmigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas