GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os españois que afrontan penas de morte no estranxeiro poderán solicitar axudas para a defensa xurídica

(01/07/2015)


Os españois que afrontan penas de morte no estranxeiro poderán solicitar axudas para a defensa xurídica

 

Redacción, Madrid | 30 Xuño 2015 - Crónicas de la Emigración



Os cidadáns españois que afronten condenas de pena de morte no exterior dispoñerán do mes de xullo para solicitar as axudas que concede o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación para cubrir a asistencia xurídica, segundo recolle o Boletín Oficial do Estado (BOE) deste pasado luns, 29 de xuño.

Ditas subvencións tamén poderán ser utilizadas nos procesos de revisión ou repetición de xuízos, de recurso de sentenzas condenatorias ou de solicitude de indulto ou de conmutación de pena a favor daqueles que xa sexan condenados a pena de morte.

Poderán beneficiarse destas subvencións as persoas físicas de nacionalidade española que se enfrontan á pena de morte e outras persoas físicas, españolas ou estranxeiras, ou institucións con personalidade xurídica privada, domiciliadas en España ou no estranxeiro para prestarlles asistencia.

A cuantía individualizada de cada subvención non poderá exceder de 30.000 euros.

O prazo para presentar a solicitude será dun mes contado a partir do día seguinte ao da Publicación da Orde no BOE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas