GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A afiliación de estranxeiros á Seguridade Social subiu en maio un 3,44% respecto a abril

(30/06/2015)

A afiliación de estranxeiros á Seguridade Social subiu en maio un 3,44% respecto a abril


EFE MADRID | Actualizado
24 Xuño 2015 -



A afiliación de estranxeiros á Seguridade Social subiu en maio en 55.334 ocupados, un 3,44% máis que no mes de abril, ata situarse en 1.663.217 persoas, o maior repunte dende 2005, ano da regularización de inmigrantes.

 

 

Segundo os datos publicados onte polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o número de afiliados foráneos tamén avanzou respecto a maio de 2014 e fíxoo un 3,42%, o equivalente a 54.996 afiliados máis.

En termos mensuais, o crecemento do número de afiliados estranxeiros alcanza á maioría dos sectores de actividade e a 15 comunidades autónomas, só baixa en Canarias, un 1,05%, e Andalucía, onde cae o 0,21%.

 

 

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros estaba encadrado en maio no réxime xeral, con 1.403.860 persoas, un dato que inclúe o Sistema Especial Agrario, con 224.572 ocupados, e o de Fogar, con 207.139 persoas. O réxime de autónomos contabilizou en maio 254.717 afiliados; o de mar, 4.371, e o carbón, 268.

O Ministerio de Emprego indica que a maioría dos sectores suma novos ocupados provenientes doutros países, tanto en termos mensuais como anuais.

O balance de maio revela que, do total de estranxeiros afiliados, 972.017 persoas procedían de países de fóra da Unión Europea e 691.200 de estados comunitarios.


Por países

Os grupos máis numerosos proceden de Romanía (300.055), Marrocos (210.017), China (92.905) e Ecuador (72.166 ocupados); seguidos de Italia (72.661), Bolivia (58.013), Reino Unido (59.102) e Colombia (53.443).

No caso de Galicia, o número medio de estranxeiros afiliados á Seguridade Social baixou un 0,66% en maio, en relación co mesmo mes do ano anterior, ata os 29.071.

Na comunidade autónoma galega, o réxime xeral acolle 22.546 persoas estranxeiras afiliadas, das que 1.084 son do Especial Agrario e 3.617 do Especial
do Fogar.

Outras 5.321 persoas están dadas de alta como autónomos e 1.204 traballan no mar, o que dá un total de 29.071 afiliados ao longo do mes, dos que 10.392 traballaron na Coruña, 4.458 en Lugo, 3.950 en Ourense e 10.272 en Pontevedra. Deles, 12.932 proceden doutros países da UE (3.936 na Coruña, 1.898 en Lugo, 2.202 en Ourense e 4.897 en Pontevedra).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas