GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Home, entre 30 e 35 anos e con destino ao Reino Unido, perfil do emigrante en 2014

(29/06/2015)

Home, entre 30 e 35 anos e con destino ao Reino Unido, perfil do emigrante en 2014



¿Cuál es el perfil del emigrante español en 2014, según los datos del INE?

Cal é o perfil do emigrante español en 2014, segundo os datos do INE
?

I.Bande

 

26/06/2015

 

 

Home, de entre 30 e 35 anos e con destino ao Reino Unido. Así é o perfil do emigrante español, que se pode obter dos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística a través da súa análise anual do Saldo de Migracións Españolas.

A análise dos datos correspondentes ao pasado ano 2014, sinalan unha diminución no número de españois que deciden emigrar e analiza datos que nos serven para coñecer quen son estes españois que deciden abandonar o país.

Un total de 78.785 persoas con nacionalidade española emigraron ao estranxeiro, establecendo a súa residencia fóra de España durante 2014. Deles, 50.249 (o 63,8%) naceran en España.

Por sexo, emigraron máis homes españois que mulleres (52,0% fronte a 48,0%).

EMIGRACION2014-HOMBRES-MUJERES

EMIGRACION2014-HOMES-MULLERES

Por idades, a maior taxa de emigración de cidadáns españois, segundo os datos do INE, concentrouse na franxa de 25 a 44 anos. Trátase de mozos, tanto con formación coma sen ela, que buscan no exterior o traballo que non logran encontrar en España, xa que todos se encontran dentro da franxa de idade laboral. Tamén se incrementou o número de nenos que aparecen como "emigrantes", por pertencer a unidades familiares que deciden buscar o seu futuro fóra de España.

EMIGRACION2014-SEXOYEDAD

Os principais países receptores de emigrantes españois foron Reino Unido, Francia, Ecuador e Alemaña. Nos dous últimos anos, as cifras oficiais falan de 17.188 españois emigrados ao Reino Unido; 15.559 emigrantes a Francia; 17.101 españois emigrados a Ecuador e 14.174 españois que escolleron como meta Alemaña.

Trátase dunhas cifras moi afastadas ás que manexan outras fontes como as plataformas de españois no Exterior, que sinalan que "moitos españois non se inscriben nos rexistros de matrícula consular por temor a perder a súa asistencia sanitaria" ( que se perde cando levan tres meses residindo no exterior).

Os datos manexados polo INE indican que os países máis desenvolvidos do ámbito europeo se converteron no principal obxectivo dos españois que deciden emigrar, coa excepción de Estados Unidos. Tamén son destacables os casos de emigración a Ecuador e Colombia, se ben, dende o INE se achaca a unha explicación totalmente diferente.

EMIGRACION-DESTINOS2014

Así, dende o INE resáltase que no caso de Ecuador se trata, fundamentalmente, de poboación non nacida en España ou de nenos menores de 15 anos, o que parece indicar unha migración de retorno de ecuatorianos de orixe que adquiriron a nacionalidade española xunto cos seus fillos nacidos en España.

De feito, dos 7.778 españois que emigraron a Ecuador, 2.366 naceran en España e, deles o 80,7% eran menores de 16 anos.

Esta circunstancia foi similar na emigración a Bolivia (o 77,0% dos emigrantes nacidos en España eran menores de 16 anos) e Colombia (o 62,2%).

Os españois que "regresan"

Non obstante, ao longo do pasado ano tamén houbo españois que "regresaron á casa". De feito, segundo o INE, o saldo migratorio dos españois co exterior durante 2014 foi de -37.507. A inmigración de españois dende o estranxeiro aumentou un 27,3% respecto ao ano 2013, mentres que a poboación española que emigrou a outros países aumentou un 7,4%.

Un total de 41.278 persoas con nacionalidade española procedentes do estranxeiro estableceron a súa residencia en España durante 2014. Máis da metade (21.640) naceron fóra de España.

Por sexo, a repartición da inmigración de españois foi homoxénea (50,9% de homes e 49,1% de mulleres).

A poboación con nacionalidade española que chegou durante 2014 procedía, principalmente, de Venezuela, Francia e Cuba. Nos 15 principais países de orixe da inmigración de españois, a excepción de Cuba, os fluxos de inmigración aumentaron respecto ao ano anterior.

Non hai que esquecer que, en moitos casos, detrás desta cifra, se esconden as persoas que recuperaron a nacionalidade española, en virtude á reforma da Lei de Memoria Histórica e que deciden "fuxir" dos seus países en busca dun futuro mellor en España. É, principalmente, o caso de Cuba, onde as autoridades españolas chegaron a calcular que 400.000 persoas poderían recuperar a nacionalidade dos seus antecesores e para os que España é unha oportunidade de futuro e unha mellora da súa situación actual.

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas