GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda recibe ás e aos primeiros beneficiarios do programa “Reencontros na Casa”, que neste ano aumenta un 3% o número de prazas

(19/06/2015)

Miranda recibe ás e aos primeiros beneficiarios do programa “Reencontros na Casa”, que neste ano aumenta un 3% o número de prazas

 

 
 

O secretario xeral da Emigración achegouse a saudalas e saudalos persoalmente ata os aeroportos da Coruña e Santiago.

A convocatoria no DOG e o prazo de convocatoria adiantáronse respecto de edicións pasadas para que as persoas destinatarias do programa puidesen organizar con tempo os seus desprazamentos.

A iniciativa forma parte da aposta do Goberno galego por manter e incrementar o investimento en políticas sociais que benefician directamente á cidadanía.

 
Listen to this page using ReadSpeaker
 

O secretario xeral da Emigración e a delegada da Xunta de Galicia na Coruña, coa participante de máis idade (92 anos) no aeroporto de Alvedro

O secretario xeral da Emigración e a delegada da Xunta de Galicia na Coruña, coa participante de máis idade (92 anos) no aeroporto de Alvedro

 

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2015.Os primeiros e as primeiras participantes da edición deste ano do programa “Reencontros na Casa”, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, comezaron xa a  chegar aos aeroportos de Alvedro e Lavacolla. Ao aeroporto coruñés chegaron as persoas participantes de Arxentina (93) no voo IB514 ás 08:40 e as de Uruguai (59) no UX7233 ás 11:30. As e os participantes de Brasil, Cuba e Venezuela chegaron ao aeroporto de Lavacolla. O primeiro dos grupos foi recibido pola delegada da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e os sucesivos por este último.

 

En total, este ano serán 203 as e os participantes neste programa, un tres por cento máis que o ano pasado. “Reencontros na Casa” ten por obxecto ofrecer a posibilidade de achegarse á súa terra, e a súa familia, aos galegos e galegas residentes nos diferentes países de Latinoamérica. A través desta iniciativa, facilítase que estas e estes emigrantes teñan a oportunidade de redescubrir as súas raíces, así como poñerse en contacto coa realidade actual de Galicia, case sempre nos mesmos lugares nos que naceron. Para algunhas e algúns deles, de feito, é o primeiro retorno á súa terra de nacemento, desde que iniciaran a súa nova vida noutros países.

 

Axilidade


O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 11 de febreiro –anticipándose no tempo a edicións similares doutras anualidades- a resolución da Secretaría Xeral da Emigración pola que se regulou e convocou o programa ‘Reencontros na Casa’ para residentes no exterior durante este ano 2015. A intención é a maior axilidade administrativa é que as persoas destinatarias do programa puidesen organizar con tempo os seus desprazamentos a Galicia.

 

O programa establece a concesión de axudas, polo valor do 60 por cento do custo da pasaxe, entre os seus países de residencia e Santiago de Compostela, agás no caso de “países nos que existan dificultades para acceder ás divisas necesarias para sufragar a parte que debe aboar a persoa beneficiaria, debido a dificultades na política cambiaria”. Nestes casos, a Administración galega poderá sufragar ata o 100 % do custo da pasaxe.

 

O papel da Administración galega, ademais de sufragar a parte correspondente da pasaxe, é o de velar pola súa saúde no traslado, e organizar coas familias o reencontro. Unha vez realizado este, son elas, as familias, as encargadas da manutención e hospedaxe dos beneficiarios e beneficiarias da iniciativa. O programa permite que as e os beneficiarios estendan a súa presenza na Galicia territorial ata tres meses.

 

Aposta polo social

As condicións que se establecen na edición deste ano do programa non varían respecto de anos anteriores, pero si o número de prazas, que aumenta un 3% ata acadar as 203. Trátase dunha nova aposta do Goberno galego por manter, e incrementar no posible, as liñas de actuación social que benefician directamente á cidadanía, de maneira que as políticas socio asistenciais se manteñan mesmo en tempos de dificultade económica para a Administración.

 

Para beneficiarse do programa, a persoa solicitante debeu acreditar ter nacionalidade española e ser emigrante galega ou filla de emigrante galega, residir en Iberoamérica, ter polo menos 65 anos, ser válida por si mesma, e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes da Secretaría Xeral de Emigración, ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia, así como ter ingresos inferiores a tres veces o importe da pensión asistencial española por ancianidade marcada para o país de residencia (cantidade distinta á correspondente en España). Igualmente, puideron beneficiarse as ou os cónxuxes das e dos emigrantes galegos que cumpran algúns destes requisitos, segundo establece a orde reguladora do programa.

 

Perfil das persoas participantes

Aínda que as persoas participantes deben ter polo menos 65 anos, cómpre subliñar que a media de idade do continxente supera sempre con creces esta cifra; así, a media de idade é nesta ocasión de 76 anos. O 79% por cento delas e deles participaba por vez primeira na iniciativa, e algún e algunha deles non volvera a Galicia desde que decidiran poñer rumbo ao seu novo fogar en Iberoamérica. Unha das persoas beneficiarias, unha galega residente en Arxentina, conta con 92 anos de idade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas