GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O TSXG dá a razón a dous emigrantes con pensión de invalidez de Suíza

(12/06/2015)

O TSXG dá a razón a dous emigrantes con pensión de invalidez de Suíza

 

 «Isto supón un trato discriminatori, xa que dependendo de cada país este tipo de prestacións regúlanse cuns graos distintos», engadiu o avogado dos afectados

 

ourense / a voz, 11 de xuño de 2015.

 

 
 

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou dúas sentenzas pioneiras que estiman as demandas de senllos emigrantes retornados, veciños de Ourense, con pensión de invalidez de Suíza. A Xustiza declara que están exentas de tributación, do mesmo xeito que a dos pensionistas españois. Tal e como sinalou o avogado José Díaz, o criterio da Axencia Tributaria era non recoñecer as resolucións dos organismos da Seguridade Social estranxeiros, argumentando que a exención soamente beneficia a quen teñan recoñecida unha «invalidez absoluta» ou «gran invalidez» pola Seguridade Social española. «Isto supón un trato discriminatorio para os emigrantes, xa que dependendo de cada país este tipo de prestacións regúlanse cuns graos distintos», engadiu Díaz.

 

Estas dúas sentenzas, do mesmo xeito que as moitas existentes con respecto á non obrigación de tributación das pensións alemás ata o exercicio 2013, que recibiron no despacho de avogados ourensán, non serán aplicadas pola Axencia Tributaria de oficio, xa que considera que non lles vinculan. «Isto obriga aos emigrantes a litigar de xeito innecesario, asumindo uns gastos de xeito inxusto», engadiu Díaz.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas