GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes españois poderían percibir axudas sociais nos tres primeiros meses de estanza en Alemaña

(08/06/2015)

Os emigrantes españois poderían percibir axudas sociais nos tres primeiros meses de estanza en Alemaña

 

 

 

Redacción, Madrid | 06 Xuño 2015 - Crónicas da Emigración

 

O Tribunal Superior do Social de Renania do Norte-Westfalia (Alemaña) podería ter que decidir sobre a posibilidade de permitir aos emigrantes españois, en particular, e aos cidadáns da Unión, en xeral, percibir axudas sociais durante os tres primeiros meses de estanza no país se demostran que existe un vínculo real co mercado de traballo.

O devandito Tribunal, acolléndose á normativa vixente, denegou no seu momento a un pai de familia español e ao seu fillo as prestacións básicas alemás correspondentes aos meses de agosto e setembro de 2012. Ambos os dous desprazáranse a Alemaña en xuño de 2012 para reunirse co resto da súa familia (nai e filla) que xa levaban no país dende abril. Despois dun curto tempo desempeñando traballos temporais e percibindo prestacións por desemprego sobre a base de períodos de seguro cumpridos en España, o Tribunal de Renania
do Norte rexeitou concederlle o pai e tamén o fillo, as prestacións, alegando que ambos os dous residían no país había menos de tres meses.

Non obstante, dito Tribunal pregúntase se tal exclusión é compatible co Dereito da Unión.

As prestacións alemás do seguro básico exclúen os estranxeiros cuxo dereito de residencia se xustifica só pola busca de traballo e, durante tres meses, aqueles estranxeiros que non teñen a condición de traballadores por conta allea ou propia e que tampouco pode considerarse que conservasen tal condición.

Co obxectivo de preservar o equilibrio financeiro do sistema de Seguridade Social dos estados membros, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea considera que os cidadáns da Unión que se despracen a un estado membro do que non son nacionais poden quedar excluídos da percepción de determinadas prestacións sociais durante os tres primeiros meses.

O Avogado Xeral, cuxas conclusións non vinculan ao Tribunal de Xustiza, considera igualmente que a exclusión de tales prestacións de asistencia social durante os tres primeiros meses de residencia é compatible co Dereito da Unión, e parte do suposto de que a súa finalidade é garantir os medios de subsistencia necesarios para levar unha vida acorde coa dignidade humana e non para facilitar o acceso ao mercado de traballo.

Non obstante, no suposto de que o Tribunal de Xustiza deixe en mans do Tribunal Superior de Renania do Norte a cualificación das prestacións alemás do seguro básico conforme ao Dereito da Unión, e este considere que están dirixidas esencialmente a facilitar o acceso ao mercado de traballo, o Avogado Xeral cre que o Dereito da Unión se opoñería a que os nacionais doutros estados queden excluídos de tales prestacións durante eses tres primeiros meses.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas