GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Rei Felipe VI agradece en París o esforzo dos emigrantes españois en Francia

(05/06/2015)

O Rei Felipe VI agradece en París o esforzo dos emigrantes españois en Francia

 


El Rey Felipe VI en la Embajada de España en París

 

 

 

O Rei Felipe
VI na Embaixada de España en París





A REXIÓN INTERNACIONAL 04/06/2015



O Rei Felipe VI expresou hoxe o seu recoñecemento e o de toda España aos españois, moitos mozos entre eles, que buscaron o seu futuro profesional fóra de España, concretamente en Francia, nunha recepción celebrada na embaixada de París con motivo da primeira viaxe de Estado do seu reinado. "Son consciente do sacrificio que supón abandonar aos vosos seres queridos para empezar unha nova vida fóra das nosas fronteiras", díxolles o Monarca, quen acudiu acompañado da Raíña Letizia
a unha embaixada abarrotada con case medio millar de españois que viven en Francia e traballan en diversos ámbitos profesionais.

Segundo remarcou Felipe VI, a experiencia e os coñecementos destes expatriados
"constitúen un activo incalculable para apoiar o progreso do noso país, ao que non podemos nin debemos renunciar,". Tamén os animou a continuar cos seus proxectos. "Vós pensades en grande e mirades lonxe, porque tedes que cumprir sonos e queredes alcanzalos, dixo, e lanzoulles unha mensaxe persoal: O meu empeño é que, alá onde vos encontredes, vos sintades e sexades parte dun proxecto ambicioso: o proxecto dunha España ilusionada nunha Europa integrada e nun mundo xusto e en paz. Esta é a empresa que temos por diante", aseverou.

O Rei de España deu especial valor á presenza destes compatriotas nun país veciño, e recalcoulles que todos son "ponte de unión entre as nosas dúas sociedades" e contribúen ao "enriquecemento, á diversidade e ao mellor entendemento entre Francia e España". "Grazas a ese zume vital que só a dimensión humana pode achegar, as nosas relacións son hoxe magníficas en todas as ordes", concluíu. Entre os centenares de asistentes á recepción, cos que os Reis Felipe e Letizia puideron conversar ao termo da segunda xornada da súa visita á capital francesa figuraba a alcaldesa de París, Anne Hidalgo
.

O Rei improvisou unha mensaxe de ánimo aos tenistas españois Rafael Nadal e David Ferrer, que malia "partirse o cobre" en Roland Garros non conseguiron pasar ás semifinais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas