GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración. O goberno prepara coas ccaa a devolución aos 'sen papeis' da atención primaria

(03/06/2015)

Inmigración. O goberno prepara coas ccaa a devolución aos 'sen papeis' da atención primaria


lainformacion.com

martes, 02/06/15 -




O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade traballa coas comunidades autónomas na devolución aos inmigrantes irregulares do dereito á atención primaria no Sistema Nacional de Saúde (SNS) que se suprimiu na etapa de Ana Mato
.

Así o asegrou o Goberno nunha resposta parlamentaria, á que tivo acceso Servimedia, a unha pregunta da deputada de UPyD Rosa Díez, que se interesou por cando se fará realidade o anuncio que fixo o ministro Alfonso Alonso o pasado marzo de que se restauraría ese dereito aos "sen papeis".

Alonso proponse modificar o decreto que impulsou Mato en 2012 polo que os inmigrantes en situación irregular só poden ser atendidos en urxencias (agás menores de idade e embarazadas). Os estranxeiros indocumentados volverán ter dereito á atención en ambulatorios, aínda que non dispoñerán de tarxeta sanitaria.

Na resposta parlamentaria, o Executivo afirma que o Ministerio de Sanidade "traballa nun programa" que garanta en maior medida que os inmigrantes en situación irregular acceden á atención que realmente necesita (no marco da carteira básica de servizos), así como que os centros de atención primaria sexan a súa porta de entrada ao sistema sanitario".

"O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade está a traballar coas comunidades autónomas para conseguir avances neste sentido dende a harmonización de normas, de requisitos, de procedementos e de especificacións en favor da calidade e da cohesión asistenciais," precisa a contestación do Goberno.

Malia que o vai cambiar, o Goberno di que o decreto que promoveu Mato en 2012 se mostrou plenamente eficaz para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde" e "os estranxeiros non autorizados nin rexistrados como residentes no noso país xa teñen a cobertura máis ampla de toda Europa".

Alfonso Alonso dixo que van reinstaurar aos 'sen papeis' o dereito á atención primaria por "saúde pública", porque é "máis práctico" e para "non saturar as urxencias".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas