GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración apoia á Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial

(01/06/2015)

A emigración apoia á Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial

 

O Consello de Comunidades Galegas aprobou unha declaración institucional

 

Ourense 30 de maio de 2015.

 

O encontro anual da emigración galega celebrouse no mosteiro de Santo Estevo.

 

O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil foi escenario durante os últimos días do encontro anual da comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas, que agrupa aos colectivos de emigrantes dos diferentes puntos do planeta. Esa dimensión internacional é precisamente a que pretende lograr tamén a Ribeira Sacra coa súa candidatura para converterse en Patrimonio Mundial da Unesco (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura). Os galegos do exterior déronlle onte o seu apoio a esa reivindicación.

 

Para oficializar o seu respaldo, o órgano permanente do Consello de Comunidades Galegas organizou un acto protocolario nun dos claustros do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Previamente, na reunión de traballo deste colectivo, acordouse unha declaración institucional á que, en representación de todos, deu lectura Beatriz Carballo Regueira, delegada do Consello para Arxentina e Chile.

 

O texto destaca o valor «paisaxístico, histórico e cultural da Ribeira Sacra» e cita as súas peculiaridades naturais (cos ríos Miño, Sil e Cabe) así como a súa «secular tradición de vitivinicultura heroica». Por todo iso, o órgano de máxima representación da Galicia exterior destaca o «exemplar acordo» alcanzado polos concellos afectados e as deputacións de Ourense e Lugo para promover a candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco. É unha obrigación da nosa comunidade «identificar, protexer, conservar, rehabilitar e transmitir a xeracións futuras o noso patrimonio cultural e natural, do que a Ribeira Sacra é elemento de singular valor para Galicia e para o mundo», engade a declaración institucional aprobada onte.

 

O Consello de Comunidades Galegas conclúe que é «debe histórico» un deste colectivo «a defensa dos valores culturais históricos e naturais da nosa terra». En todo caso, os galegos da emigración consideran que a Ribeira Sacra cumpre con todos os requisitos necesarios para converterse en Patrimonio Mundial da Unesco. «Reúne, tanto polo seu entorno natural e paisaxístico como por ser o territorio con maior concentración de arquitectura románica rural de Europa, as condicións para a súa protección e promoción universal», di o texto feito público onte no seu encontro anual.

 

O colectivo destaca o seu valor «paisaxístico, histórico e cultural»

 

«Agora ten ou aval como mínimo de dous continentes», di Feijoo sobre a candidatura

Como Compostela, o Camiño de Santiago, a muralla de Lugo e a Torre de Hércules, a xuízo de Alberto Núñez Feijoo, tamén a Ribeira Sacra reúne os requisitos para ser Patrimonio Mundial da Unesco. «Falta so o recoñecemento oficial», dixo o presidente da Xunta, que foi o encargado de clausurar onte o encontro anual da comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. O máximo responsable do goberno autonómico agradeceu o apoio dos galegos da emigración á candidatura da Ribeira Sacra porque, grazas a el, «agora ten o aval como mínimo de dous continentes».

 

Núñez Feijoo leu un discurso no que defendeu os valores naturais e paisaxísticos da zona. «Fomos agraciados polo creador», dixo o presidente da Xunta, que tamén destacou a «pegada» do home debido á gran concentración de mosteiros que existe na Ribeira Sacra. Grazas ao románico, «Galicia entrou en Europa e Europa entrou en Galicia», concluíu o máximo responsable do goberno autonómico, que tivo palabras de cariño para as comunidades galegas no exterior. Recordou unha frase do gaiteiro Carlos Núñez («temos que facer do mundo a nosa casa») e dixo que os emigrantes a aplican desde hai moito tempo e que por iso o galego «é capaz de entender outras culturas e de ser entendido».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas