GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda resalta a aposta pola asistencia social e a présa na concesión das axudas

(29/05/2015)

Miranda resalta a aposta pola asistencia social e a présa na concesión das axudas

 


Reunión de la Comisión Delegada del Consello de Comunidades Galegas, en Santo Estevo de Ribas de Sil.
Reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, en Santo Estevo de Ribas de Sil
.





I. Bande
28/05/2015


No seu balance do labor realizado ao longo do último ano, Rodríguez Miranda
quixo destacar ante a Comisión Delegada a présa coa que o seu departamento atendeu este ano as solicitudes chegadas da emigración. De modo que "antes de mediados xuño estarán todas as convocatorias resoltas", asegurou.

De feito, Rodríguez Miranda aproveitou a presentación do balance anual de actividades da Secretaría Xeral para incidir en "a enorme preocupación" do departamento que dirixe pola parte máis social das axudas á colectividade galega. Neste sentido, destacou as axudas individuais, que este ano distribuirán dous millóns de euros directamente aos afectados e "permite chegar a preto de 8.000 familias en distintos lugares do mundo". Estas axudas xa se encontran en proceso de resolución. De feito, Miranda
confirmou que en Cuba "só faltan uns pequenos trámites".

"Tratamos de que cada persoa que teña unha situación de necesidade estea atendida o antes posible. É necesario ser eficaces, pero tamén actuar con prontitude".

Na súa alocución aos conselleiros delegados, Rodríguez Miranda tamén lles recordou os convenios xa asinados polo seu departamento con diferentes entidades. Xa están asinados ou serano moi pronto, os convenios que teñen un contido social, en calquera parte do mundo. Sobre todo en Arxentina, Uruguai, Brasil ou Venezuela.

"Venezuela segue sendo un país de especial relevancia en traballo social". A Comisión quixo trasladar a súa proximidade aos galegos de Venezuela e os seus integrantes transmitiron ao recén elixido presidente da Irmandade Galega de Caracas, Roberto González, o seu apoio "para que sintan, que non están sós".

Imos seguir intensificando a nosa colaboración social en Venezuela, a través das entidades como a Irmandade Galega de Caracas, a de Valencia ou a Fundación España Saúde, que nos permiten chegar a miles de galegos que se encontran en situación de necesidade", confirmou o secretario xeral de Emigración.

Durante o seu informe anual, dende a Secretaría Xeral tamén se decatou outros programas como Reencontros Na Casa, "xa resolto". Rodríguez Miranda confirmou que "cada persoa, que vai chegar a Galicia entre os días 16, 17 ou 18 de xuño, xa sabe cando o fará.

Pola súa banda, os beneficiarios de Reencontros na Terra, que chegarán a inicios de outono xa viron rematado o prazo de solicitudes, e dende a Secretaría Xeral confíase en que en xuño se fagan públicas as listas, "con tres meses de antelación".

Tamén se informou de que "xa están resoltos os programas Conecta con Galicia e Escolas Abertas" (que leva ata Galicia persoas para recibir formación especializada). "As 33 entidades que pediron un seminario no Exterior, todas van ter polo menos un seminario de formación", confirmou o Secretario xeral.

Por último, Rodríguez Miranda quixo agradecer o traballo dos funcionarios da Secretaria Xeral "que fixeron un traballo excepcional para ter todo tan adiantado a estas alturas do ano", así como o labor das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai; da Oficina que traballa na Habana e a Oficina de Atención e Asesoramento que traballa na Irmandade Galega de Caracas. "O traballo conxunto de todos fai que poidamos estar neste nivel de execución".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas