GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As perigosas rutas da inmigración

(25/05/2015)

As perigosas rutas da inmigración

 

Centos de miles de persoas arriscan a súa vida cada ano para chegar a europa en busca dun futuro mellor. As rutas polas que chegan os inmigrantes son camiños complicados polos que moitos non alcanzan a súa meta

 

  24 de maio de 2015.

 

 

 

Decenas de miles de persoas deixan cada ano os seus países de orixe para buscar unha vida mellor nos países da Unión Europea (UE). A pesar de que invisten nesta aposta todos os seus recursos e enerxías, moitos deles non conseguen chegar ao destino, e unha parte destes morren no mar ou no camiño cara ao mar.

 

 O naufraxio dun barco o mes pasado cando 700 inmigrantes trataban de chegar de Libia a Italia está considerada a maior traxedia deste tipo ocorrida en augas do Mediterráneo. Aos poucos días, outros 400 desapareceron tras o naufraxio doutra barca, entre eles «moitos novas, probablemente menores», segundo Save the Children Italia.

 

O vindeiro mércores, a Comisión Europea presentará a súa proposta oficial para repartir refuxiados entre os países, a pesar das críticas do sistema de cotas proposto por países como Francia e Reino Unido, que o rexeitaron de plano, pero tamén outros como España que considera inxustos os criterios da repartición.

 

As cotas baséanse en catro criterios: o PIB e o tamaño da poboación, que pesan un 40% cada un, e a taxa de paro e a media de peticións de asilo tramitadas e refuxiados recolocados entre 2010-2014, que pesan o 10%.

 

España deberá acoller ao 9,1% dos demandantes de asilo que se recolocarán nos próximos meses en todos os países da UE desde os Estados membros máis afectados pola actual crise migratoria no Mediterráneo (en particular, Italia, Grecia e Malta).

 

Tamén terá que facers e cargo de 1.549 persoas dentro do programa de reasentamiento proposto por Bruxelas para transferir a Europa de xeito seguro e legal a 20.000 demandantes durante os anos 2015-2016.

 

A fame, a guerra, a pobreza e os problemas políticos son os motivos principais da inmigración cara a Europa. Preto de 300.000 persoas cruzaron no 2014 as fronteiras de forma irregular, unha gran parte deles por vía mediterránea. Existen polo menos sete rutas principais polas que acceder ao continente onde moitos esperan iniciar unha nova vida, ou, polo menos, salvar a súa e a dos seus fillos mentres poidan.

 

Ruta do centro de África

É unha das rutas máis concorridas e tamén das máis perigosas e mortíferas na actualidade. Os naufraxios ao tratar de chegar a Lampedusa forman parte desta ruta.

 

Os migrantes concéntranse nas costas libia e tunisiana, desde onde parten os barcos nos que intentan arribar ás costas do sur de Italia, non só da Península senón tamén das súas illas como Sardeña, Sicilia ou a mesma Lampedusa. Tamén á illa de Malta.

 

Esta ruta atravesa de sur a norte países como Nixeria, Níxer e Libia. Os países de orixe destes migrantes poden ser moi variados, sendo os máis afastados da costa norte de África Guinea, Serra Leona ou Costa do Marfil.

 

O conflito de Libia non fixo senón agravar o perigo desta ruta, pois permite que grandes multitudes de xente crucen polas súas fronteiras. Outro factor que explica o aumento da mortalidade é a substitución a partir de novembro de 2014 da Operación Mare Nostrum do Goberno de Italia, centrada no salvamento de migrantes, pola Operación Tritón da axencia Frontex da UE, máis centrada no reforzo das fronteiras.

 

Entre xaneiro e abril de 2015 o número de migrantes falecidos no Mediterráneo, 1.750, multiplicouse por 30 respectos ao mesmo período do 2014, cando foron 56, segundo estimacións da Organización Internacional de Migracións.

 

O portavoz da OIM Joel Millman declarou recentemente que dita organización ?teme que o total de 3.279 mortes de migrantes de 2014 quede superado este ano de aquí a poucas semanas, e poida alcanzar as 30.000 a final de ano, si baseámonos no balance actual?.

 

Segundo o portavoz de ACNUR Adrian Edwards, só neste mes de abril morreron 1.300 persoas no Mediterráneo, sendo esta a cifra máis alta de falecidos nun só mes. Segundo Save the Children Italia 5.100 migrantes chegaron ás costas italianas entre o 11 e o 13 de abril.

 

Calcúlase que 31.000 persoas chegaron a Italia e Grecia polo Mediterráneo en 2015 e só na semana previa ao naufraxio de 700 persoas foron rescatadas 10.000 persoas, segundo o servizo de gardacostas italiano.

 

Ruta do oeste de África

Os migrantes salguen de países como Ghana, Costa do Marfil, Liberia, Serra Leona, Guinea, Guinea-Bisáu, Senegal, Burkina Faso, Malí, Senegal, Mauritania ou Marrocos. Algunhas das principais cidades de paso desta ruta son Gao, Bamako, Ouagadougou, Monrovia, Dakar, Saint Louis, Nouadhibou ou O Aiun.

 

Os migrantes que percorren esta ruta buscan a costa (para evitar o deserto) e percórrena xa sexa por vía terrestre ou por vía marítima. Gran parte deles busca chegar ás Illas Canarias, só unha pequena parte continúa a súa viaxe cara ao norte de África.

 

Ruta do centro-oeste de África

Moitos países de saída desta ruta coinciden cos da ruta occidental: os da zona que rodea Costa do Marfil. Cidades como Gao, Bamako ou Ouagadougou tamén son coincidentes.

 

Neste caso, no canto de buscar a costa buscan o interior, atravesando de sur a norte Malí e Alxeria. Desde a costa marroquí ou a alxerina parten para tratar de arribar á costa española (Andalucía, Murcia ou Baleares) ou a do sur de Francia.

 

 

Ruta do leste de África

Desde países como Uganda, Kenia, Somalia ou Etiopía, esta ruta atravesa Sudán do Sur e Sudán para chegar á costa norte africana de Exipto, Libia ou Tunisia. Algunhas destas cidades de paso para chegar a Europa son Aswan, Cairo ou Alexandría (Exipto), e Ajdabiya, Bengasi e Trípoli (Libia).

 

Tamén hai unha ramificación que percorre a costa oeste da Penísula Arábiga e que conecta coa ruta de Oriente Medio a través de Aqaba (Arabia Saudita) ou Damasco (Siria). O obxectivo é o mesmo que o da ruta do Centro: as costas do sur de Italia e Malta.

 

Ruta de oriente medio

Xa fóra de África, desde os países de Oriente Medio como Iraq, Irán ou Siria, os migrantes atravesan Turquía para chegar ao sueste de Europa, como Grecia, Bulgaria ou Romanía. Unha parte deles intenta seguir avanzando cara a Italia ou cara ao centro de Europa. Istambul é a cidade crave do tránsito de Asia a Europa, pero unha parte dos migrantes parten por mar desde a costa de Oriente Próximo buscando a costa grega. Atenas (Grecia) e Sofía (Bulgaria) son capitais de referencia 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas