GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes retornados de Alemaña explican: "Unha aplicación torticera da lei estanos amolando"

(22/05/2015)

Emigrantes retornados de Alemaña explican: "Unha aplicación torticera da lei estanos amolando"



E. Fernández, Vigo
| 21 Maio 2015 -Crónicas da Emigración


.
De izda. a dcha.: Ramón Fidalgo, Dionisio González y Carlos Rodríguez.
De izda. a dta.: Ramón Fidalgo, Dionisio González e Carlos Rodríguez. De izda. a dta.: Ramón Fidalgo, Dionisio González e Carlos Rodríguez
.

 

A decisión do Ministerio de Facenda de reclamar cantidades atrasadas ao colectivo de emigrantes retornados que eludiron declarar as pensións que perciben do estranxeiro causou un serio balbordo entre o colectivo, principalmente entre os retornados de Alemaña, país co que España asinara un convenio en 1966 que os eximía de tributar pola contía que perciben do exterior. Unha norma aprobada polo Goberno de Zapatero en 2006 poñía fin ao mencionado acordo e obrigaba os retornados de Alemaña a declarar a partir de outubro de 2012. Non obstante, moitos deles contribuíron por todo o ano e algúns mesmo por tempo atrás sen ter obriga de facelo. Agora reclaman as súas cantidades, pero a demora da Administración para devolver o aboado indebidamente dálles que pensar.

Ramón Fidalgo, Carlos Rodríguez e Dionisio González
son exemplo diso. Trátase de tres emigrantes galegos que, ademais de en España, traballaron un tempo en Alemaña e retornaron a Galicia, onde residen e perciben pensións de ambos os dous países.

Teñen máis de 70 anos e entre as súas aspiracións figuran conseguir que este asunto se resolva dunha vez por todas e con xustiza; é dicir, que se lles devolvan de oficio as cantidades aboadas; que se consideren as dúas pensións como procedentes dun só pagador e que se establezan convenios con outros países europeos para evitar que se penalice no cobramento da pensión o emigrante que retorna.

O caso de Ramón Fidalgo é o máis rechamante dos tres: teñen que devolverlle máis de 3.000 euros. Traballou 37 anos en Alemaña na industria química e cinco en España, no sector industrial e a construción. Ten 70 anos, xubilouse fai 14 e Facenda tería que devolverlle agora o que aboou de máis ao ter declarado por todo 2012. Non obstante, ten poucas esperanzas de que iso aconteza, polo menos a curto prazo. "Non coñezo a ninguén que lle devolvesen por declarar a maiores", asegura.

Ramón denuncia "a pouca información que ten a xente que traballa na Administración", porque el, como outros moitos, acudiu en varias ocasións ás oficinas da Axencia Tributaria a preguntar acerca da obrigatoriedade de declarar a cantidade que percibe do exterior. O 'non' foi sempre a resposta. Por ese motivo, non entende a actitude de Facenda cando se nega a devolver de oficio as cantidades cobradas indebidamente.

"Unha aplicación torticera da lei estanos amolando", denuncia, en alusión á iniciativa de Facenda de reclamar cantidades atrasadas ao colectivo emigrante. Neste sentido, apostila: Masácrannos a nós que estamos a facer o contrario que Bárcenas e outros defraudadores, porque nós traemos o diñeiro de fóra, non o levamos, como fan eles,".

Pola súa banda, Dionisio González ten 72 anos e retornou fai 38. En Alemaña traballou 10 anos como mecánico de camións. Ao retornar a España empregouse nunha fábrica de envases metálicos onde estivo 32 anos. Xubilouse en España aos 60 anos e en Alemaña, aos 63. Agora percibe igualmente dúas pensións e está pendente de que Facenda lle devolva uns 900 euros, xa que el fixo unha declaración complementaria antes de finalizar 2013.

Para Dionisio, "a unión das pensións é fundamental", xa que sería o único xeito de equiparar os dereitos dos residentes no exterior cos dos que viven no territorio. De non se facer así, no seu caso, Facenda quedaría cunha terceira parte do que percibe do exterior cando a súa pensión total non supera os 22.000 euros brutos anuais, cantidade na que quedou estipulado o mínimo exento para os pensionistas españois. Mentres, no caso dos que cobran unha pensión do estranxeiro, o límite para non presentar a declaración é de 11.200 euros.

Por último, Carlos Rodríguez leva 25 anos en Galicia despois de empregarse durante 32 anos en Alemaña en fábricas de metal e mobles. Con anterioridade traballara 5 anos en España e á volta, mantívose en activo outros 12. Actualmente, ten 73 anos e, ao igual que os demais afectados, está á espera de de que se resolva a súa situación, xa que el declarou polo ano 2013.

Ao igual que os seus compañeiros, Carlos Rodríguez pide que se unifiquen as dúas pensións e reclama a España que sexa capaz de asinar convenios en materia de traballo como os que asinan Francia e Alemaña. Nese sentido, recoñece, non sen certo pesar, que haxa que estar agradecido a un ministro da ditadura que, alá polos anos 60, foi capaz de asinar un convenio con Alemaña que beneficiaba aos traballadores españois.

Por outra parte, os tres lamentan que Facenda se demore tanto na devolución das contías aboadas e cren que todo obedece a unha estratexia recadatoria: se hai xente que non reclama as cantidades, quédase o Estado co diñeiro, comentan. Para afianzar a súa tese, poñen o exemplo de persoas maiores que residen en lugares apartados de Galicia con poucas comunicacións. Nestes casos, moitos deles non van reclamar, aseguran.

Así mesmo, teñen a esperanza de que a reunión que celebraron recentemente coa senadora do PP Elvira Larriba Leira dea os seus froitos. Segundo comentan, a senadora comprometeuse a expoñer o problema na Cámara Alta para tratar de buscar unha solución ao conflito.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas