GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España reclama máis axuda á UE para aceptar a cota de refuxiados

(15/05/2015)

España reclama máis axuda á UE para aceptar a cota de refuxiados

 

Quere que Bruxelas se implique máis na contención da fronteira sur

 

Redacción/ A voz, 15 de maio de 2015.

 

Aínda que Exteriores non o dixo explicitamente, e remitíase onte ás declaracións realizadas o mércores polo ministro García-Margallo, as obxeccións de España á proposta da UE para repartir os refuxiados entre os países membros teñen dúas bases principais: o Goberno cre insuficiente a implicación comunitaria nas políticas de contención da inmigración na fronteira sur española e considera que non se ha ter en conta no grao necesario a situación do mercado laboral do país. Segundo algúns expertos, a cota que corresponde a España é pequena e perfectamente asumible, pero trataríase de manter unha posición de forza para lograr máis apoio na contención da avalancha migratoria.

 

En opinión da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), España debe aceptar a proposta europea. O documento «non deixa de ser un paso positivo cara a unha acción colectiva con respecto do fenómeno inmigratorio, para salvar vidas e para presentar alternativas realistas a esta situación de travesías por mar, de mafias que dirixen redes de trata», sinala a La Voz María Jesús Vega , portavoz de Acnur en España. A acción unitaria tamén lle parece imprescindible, pero desde un punto de vista distinto ao do Goberno: «A UE empezou fai moitos anos un proceso de armonización de políticas de asilo, cunha serie de directivas vinculantes para os Estados, coas que se trata que haxa uns estándares mínimos iguais en todos eles. Hai un desequilibrio moi grande entre os países da UE en canto ás políticas de asilo. Esta axenda é unha oportunidade de ouro para poder harmonizalo realmente. Sería un paso enorme».

 

Argumento económico

Para Jorge Quindimil, profesor da Universidade da Coruña, especialista en control de fronteiras marítimas e colaborador da Comisión Española de Axuda ao Refuxiado, os reparos españois teñen un argumento económico, «que é o máis fácil de vender». Ao votante non se lle ofrece a distinción entre emigrante e refuxiado e refórzase a idea de «inmigración ilegal», sen as formalidades da aínda recordada emigración española. Na súa opinión persoal, a cota que asigna a Comisión é tan pequena porque se ha ter en conta precisamente que España é cabeza de ponte na loita contra a inmigración informal.

 

«Estamos a falar de cifras ridículas -di Quindimil-. Hai que pensar en que Europa, con 500 millóns de habitantes, reasigna 20.000 refuxiados. Líbano, cunha poboación de 4,5 millóns de habitantes, ten un millón de refuxiados sirios». Para o profesor, a clave para unhas políticas de acollemento que eviten o drama non está no control de fronteiras nin na iniciativa política, senón en conseguir que se vexa aos protagonista da avalancha como xente que foxe de países en conflito para salvar as súas vidas e as dos seus fillos. O profesor dubida que se logre activar un sistema común de asilo, polo menos a curto prazo, e cre que só se volverá falar deste asunto cando haxa unha nova catástrofe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas