GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Román Rodríguez reuniuse co colectivo galego en Bos Aires

(12/05/2015)

Román Rodríguez reuniuse co colectivo galego en Bos Aires

 

Mariana Ruiz, Bos Aires | 11 Maio 2015 - Crónicas da Emigración



Rodríguez visita el Centro Arzuano Melidense, con su presidenta Adriana Garea, el senador con mandato cumplido, Jorge Villaverde y el consejero Santiago Camba.

Rodríguez visita o Centro Arzuano Melidense, coa súa presidenta Adriana Garea, o senador con mandato cumprido, Jorge Villaverde e o conselleiro Santiago Camba.

 

 

Na súa primeira viaxe como conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Galicia, Román Rodríguez González, mantivo un encontro pechado coa delegación arxentina da Fundación Galicia América do Colexio Santiago
Apóstolo, primeiro colexio galego arxentino no exterior.

Durante a primeira xornada da súa estadía na capital arxentina, Rodíguez visitou a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina acompañado polo secretario de Cultura de Galicia, Anxo Lorenzo Suárez, e o delegado do Goberno galego, Alejandro López Dobarro
.

Alí, ademais, percorreu o Museo da Emigración Galega (MEGA) e participou na conferencia ofrecida polo escritor Luis González Tosar
na biblioteca da Federación.

Durante o encontro no que González Tosar se referiu á obra e traxectoria do escritor arxentino e galego Francisco Luis Bernández, o presidente da entidade, Francisco Lores, criticou a decisión da Real Academia Galega de homenaxear este ano no Día das Letras Galegas a Xosé Filguera Valverde
, por ser "un home da ditadura franquista".

Finalizando a xornada, o responsable da carteira galega de cultura e educación compartiu unha cea con veciños de Lalín en Bos Aires, na sede do Centro de Lalín, Silleda e A Golada
de Bos Aires.

Antes de regresar a Galicia, o domingo 10, participou no festexo organizado con motivo do 80º aniversario da fundación do Centro Arzuano Melidense de Bos Aires.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas