GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os datos do INE auguran unha nova catástrofe na participación do voto emigrante

(08/05/2015)

Os datos do INE auguran unha nova catástrofe na participación do voto emigrante




El gráfico muestra las cifras de censo y de participación en las autonómicas de 2003, 2007, 2011 y 2015.
O gráfico mostra as cifras de censo e de participación nas autonómicas de 2003, 2007, 2011 e 2015.



Iago Bande
08/05/2015


Os datos ofrecidos polo Instituto Nacional de Estatística, INE
, auguran unha nova desfeita no voto emigrante nas próximas eleccións autonómicas do 24 de maio. Un total de 42.991 residentes ausentes solicitaron o voto para participar na próxima cita electoral, 15.106 persoas menos que hai catro anos.

A caída é aínda máis notable se se ten en conta que nas autonómicas de 2011 estaban chamados a votar 705.781 persoas, mentres que na cita do 14 de maio os votantes no exterior con dereito a participar eran 919.082 persoas.

Unha reforma "mortal"

Os números mostran unha vez máis como a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral, LOREG
, en 2011, supuxo a puntilla para a participación dos españois no exterior. Ata hai catro anos os votantes tiñan dereito a participar polo mero feito de ser españois. Dende entón puxéronse en marcha un mecanismo de voto pregado (os que queiran votar teñen que comunicarllo á Xunta Electoral na que están inscritos, para que se lles envíen as papeletas) que supón que a inmensa maioría dos emigrantes quedan sen votar.

Que supuxo a posta en marcha do voto pregado? É tan prexudicial como aseguran dende o exterior os afectados?

Deixemos falar aos números. Dende maio de 2011, o CERA das autonomías chamadas a urnas creceu en 213.301 persoas, ou o que é o mesmo, nun 30,22%. Non obstante, o número de persoas que comunicaron a súa intención de votar caeu un 26% respecto á cita de 2011, onde xa se producira un desastre no voto da emigración. Hai catro anos pedían o voto un 8,23% do censo, agora faino a metade: un 4,6%.

Os datos son máis graves se temos en conta que moitos destes votos solicitados non chegarán a computar xamais, debido a que moitas das papeletas chegarán fóra de prazo debido aos atrasos nos sistemas de correo nacionais (unha das queixas tradicionais dos conselleiros da emigración) e das que cheguen, outras non entrarán no cómputo ao estar de volta a España fóra de prazo.

De feito, hai catro anos dos 58.097 votos solicitados, chegaron a urnas 25.097. Menos da metade dos solicitados (un 43,19% dos que querían votar).

Falando claro, hai catro anos, a reforma da LOREG supuxo que só votou un 3,68% dos emigrantes con dereito a voto. Catro anos antes, nas Autonómicas
de 2007, e sen a reforma da Lei Electoral, a participación fora dun 23,91% dos votantes chamados a urnas: 130.510 persoas dun censo de 558.670.

E se viaxamos máis atrás no tempo, na cita de 2003 os chamados a urnas eran 514.225 persoas. Naquela ocasión votaron 100.930 españois no exterior, un 20,65% do censo electoral emigrante.

Os números non enganan. A posta en marcha da reforma da LOREG
supuxo a desaparición do voto emigrante, que mesmo chegou a decidir resultados en varias comunidades autónomas, como Galicia, Asturias ou Canarias. A dificultade para exercer este sufraxio, supuxo un auténtico desastre de participación, que pasou dunha media dun 20% do electorado a non alcanzar nin o 4%.

Aínda que aínda non se escribiu a última cifra, todo fai prever que a participación real, o 24 de maio, volverá deixar claro que a LOREG precisa dunha nova reforma que acabe coa imposibilidade de que os españois do exterior poidan facer escoitar a súa voz en España aínda que a crise os desprazase a miles de quilómetros de distancia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas