GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda visita institucións sociosanitarias de Arxentina, Brasil e Uruguai que atenden fundamentalmente aos galegos e galegas de avanzada idade, moitas e moitos deles en situación de precariedade

(08/05/2015)

Miranda visita institucións sociosanitarias de Arxentina, Brasil e Uruguai que atenden fundamentalmente aos galegos e galegas de avanzada idade, moitas e moitos deles en situación de precariedade

 
 

Ademais, acompañará á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, na súa visita oficial ao Uruguai.

 

 

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015.

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia hoxe unha nova viaxe ás repúblicas de Arxentina, Brasil e Uruguai, co obxectivo de achegarse a coñecer a actualidade da diáspora nestes tres países e asinar convenios de colaboración para asistencia social e sanitaria a galegas e galegos residentes alí, ademais de participar en diversos actos institucionais relacionados coa visita oficial da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, ao Uruguai.

Nada máis aterrar na capital arxentina, o máximo responsable autonómico en materia de Emigración trasladouse ata o Fogar Galego para Anciáns de Domselaar, na provincia de Bos Aires, onde mantivo un encontro distendido coas e cos residentes orixinarios da Galicia territorial e resto de persoas maiores atendidas, e compartiu con eles boa parte da mañá. Rodríguez Miranda asinou un convenio entre a Xunta de Galicia e o centro para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos e das cidadáns galegos.

Despois, xa de volta no centro da capital, visitou as instalacións de ‘Ospaña’, unha mutualidade de referencia para as colectividades galega e española de entre as que prestan asistencia social e sanitaria aos paisanos e paisanas residentes na República Arxentina. Segundo os datos do INE, a 1 de xaneiro de 2015 residían nese país un total de 168.263 galegas e galegos.

No Brasil
Xa na xornada de mañá, o secretario xeral da Emigración visitará aos galegos e galegas residentes no fogar da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sâo Paulo, con cuxa directiva se reunirá, e asinará un convenio de colaboración coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos e galegas residentes na metrópole.

Na xornada do sábado, visitará a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Santos, homónima á anterior pero sen relación entre elas, onde asinará un convenio para atención socio asistencial básica ás e aos galegos residentes na localidade, e onde coñecerá a contorna habitual na que residen os paisanos e paisanas da terra atendidos por esta institución da diáspora en Brasil. Tamén nesta localidade, visitará o Centro Espanhol e Repatriaçao de Santos. En ambos casos, ademais de saudar ás persoas residentes, achegarse a coñecer a actualidade das colectividades galega e española na zona, e percorrer as instalacións, reunirase coas respectivas xuntas directivas.

O domingo, xa de volta en Sâo Paulo, visitará a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao, onde falará cos socios e scoias, moitas e moitos deles galegas e galegos, e se reunirá coa xunta directiva, rematando así a súa axenda na República Federativa do Brasil, onde residen 46.217 galegas e galegos a 1 de xaneiro de 2015, sempre segundo datos do INE.

En Uruguai
Na xornada do luns 11 de maio, Rodríguez Miranda acompaña á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, na visita oficial que esta realiza á República Oriental do Uruguai, país no que arestora viven 40.505 galegas e galegos.

A axenda comeza coa visita ás instalacións, e reunión con socios e directiva, da Casa de Galicia, un dos centros referentes da Galeguidade. Alí, en presenza da presidenta Pilar Rojo e tamén do embaixador en Uruguai, Roberto Varela, Rodríguez Miranda asinará un convenio de colaboración coa entidade. Unha visita coa mesma filosofía, e outro acordo de parecido contido, tomarán forma tamén na Asociación Española Primera de Socorros Mutuos, igualmente na capital. Ambos convenios teñen por finalidade facilitar asistencia sanitaria e farmacolóxica a galegos e galegas en situación de precariedade.

As tres autoridades acoden ademais, e dentro da axenda da visita oficial de Pilar Rojo á república charrúa, á inauguración da mostra ’53 páxinas das nosas letras’ no Teatro Solís de Montevideo, auspiciada polo propio Parlamento autonómico, acto oficial de apertura no que estará acompañada por Miranda e Varela.

Xa para rematar, o embaixador de España en Uruguai presidirá a recepción con motivo da visita oficial da presidenta do Parlamento autonómico ao país, recepción á que asiste tamén o secretario xeral da Emigración. No acto, asemade, estarán presentes as e os representantes das institucións e entidades galegas con sede no Uruguai.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2019
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas