GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Parlamento galego fai súas todas as reclamacións dos emigrantes retornados

(06/05/2015)

O Parlamento galego fai súas todas as reclamacións dos emigrantes retornados



El Parlamento de Galicia ha aprobado, por unanimidad, peticiones referentes a la situación de los emigrantes retornados.

O Parlamento de Galicia aprobou, por unanimidade, peticións referentes á situación dos emigrantes retornados.



A Rexión Internacional 06/05/2015


O Parlamento de Galicia aprobou, por unanimidade, peticións referentes á situación dos emigrantes retornados, que foron investigados pola facenda pública. Neste sentido, os grupos piden que se axilicen as resolucións de invalidez a favor das persoas deste colectivo feitas nos estados de orixe. Ademais, entre os puntos da moción impulsada polo BNG
e que foron aprobados, os grupos tamén solicitan que se asuman as sentenzas xudiciais (en virtude do artigo 19 do tratado bilateral hispano-alemán vixente ata o 31 de decembro de 2012) no que se "exime de tributación no Estado español as pensións percibidas en Alemaña antes do exercicio de 2013".

En consecuencia, a Cámara autonómica pide a Facenda que "se proceda á devolución, de oficio, dentro do actual ano fiscal, das contías ingresadas polas persoas afectadas en concepto de imposto sobre a renda de persoas físicas,".

Ademais, e tras incorporar dúas emendas do PSdeG defendidas pola deputada Carmen Gallego
, o hemiciclo galego insta a que, "no caso de continuar coas devolucións das sancións e intereses de demora pola vía actual", que a Axencia Tributaria "informe axeitadamente tan só aquelas persoas contribuíntes que efectivamente teñen que presentar declaración da renda, para evitar a confusión actual".

Oficinas de información comarcal

Finalmente, o Parlamento insta o Goberno galego "a dar cumprimento ao seu compromiso" de habilitar, en determinadas bisbarras, oficinas de información para as persoas emigrantes retornadas co fin de "facilitarlles os trámites ante a facenda estatal".

A deputada do BNG Tereixa Paz
pedira aos populares "compromiso e apoio" para o colectivo de emigrantes retornados, e "non labia", e advertiu de que continuaba a "confusión" sobre a fiscalidade a este grupo de persoas.

Máis dun cuarto de hora de votación

A votación das mocións prolongouse durante máis dun cuarto de hora, despois de que a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, se liase cos puntos da moción que tiñan que someterse a votación e chegase a saltarse a proposta para volver a ela ao final.

De feito, acabou pedindo axuda ao letrado maior do Parlamento para entender que era o que había que votar, ante as explicacións da autora da moción, Tereixa Paz, quen insistía en organizar a votación do xeito no que finalmente se someteu a consideración dos deputados.

Rojo acabou pedindo desculpas ás súas señorías polo despiste á hora de organizar a votación das tres mocións, que salvo nestes puntos da primeira delas, quedaron rexeitadas cos votos do PP.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas