GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cameron quere cambiar as leis de inmigración para recortar axudas e expulsar inmigrantes

(29/04/2015)

Cameron quere cambiar as leis de inmigración para recortar axudas e expulsar inmigrantes



Los españoles del Reino Unido, preocupados por los anuncios de recortes en sus derechos y ayudas sociales.

Os españois do Reino Unido, preocupados polos anuncios de recortes nos seus dereitos e axudas sociais.



I.B
. 29/04/2015


Nos últimos anos o Reino Unido converteuse en "destino preferente" dos españois que buscan un emprego fóra do seu país. É o destino preferido entre os mozos con formación, que encontran un mercado económico forte, con oportunidades laborais e axudas sociais. Non obstante, as alarmas comezaron a soar entre a colectividade española ante os reiterados anuncios do primeiro ministro, David Cameron
, de recortar as axudas aos inmigrantes chegados dende outros países da Unión Europea.

Membros do colectivo Marea Granate en Devon sinalan a súa preocupación polas declaracións que "falan de cambiar as prestacións para xente de UE
. Agora fálase de levar polo menos 4 anos traballando no país para poder cobralas".

Dende Marea Granate Devon sinálanse as trabas á libre circulación que se están a poñer no seo da Unión Europea. A pasada semana este diario sinalaba que Bélxica expulsou 904 españois nos últimos seis meses sobre a base dunha directiva comunitaria que establece que os europeos poden ser expulsados dun Estado membro se se converten en "unha carga excesiva" para a asistencia social dese país.. Agora é o Reino Unido o que quere apuntarse a esta posibilidade. Os representantes de Marea Granate Devon
lamentan que, con esa reforma "se despois de 6 meses aquí non encontras traballo: para casa".

"Son proxectos de leis, pero como están en campaña electoral, non se fala máis, de momento... ", lamentan os representantes da Marea Granate.

A crise económica e a caída nas perspectivas de voto no seu partido levaron o primeiro ministro, David Cameron, a insistir na necesidade de "importantes cambios" nas regras sobre a libre circulación de cidadáns da UE. Pola contra, avogará por que Gran Bretaña abandone a Unión Europea. Trátase dunha proposta coa que se fai eco da crecente corrente que achaca á pertenza á UE os crecentes problemas económicos e sociais nas illas británicas.

Con estas propostas, Cameron intenta compensar a que foi unha das súas promesas electorais falidas: a redución da emigración ao Reino Unido. Cameron anunciou aos seus votantes que "se non se cambia ao dereito de libre circulación da UE, el fará campaña para que o seu país abandone a UE. O anuncio conta co respaldo da UKIP, que quere abandonar a Unión Europea.

En que consisten estas reformas? Como afectarán aos españois que emigraron ás illas británicas?

O primeiro dos anuncios de Cameron aposta porque os emigrantes procedentes da UE non teñan ningún acceso a créditos fiscais, axudas de aloxamento e vivenda social durante os seus catro primeiros anos no país.

A medida afectaría aos traballadores procedentes da UE, pero tamén aos que están a buscar un emprego ou ex-traballadores, que ata agora tiñan cuberta esta continxencia.

O segundo dos puntos polémicos consistiría na expulsión dos cidadáns da UE que buscan traballo, pero que levan sen encontralo seis meses. Para cidadáns da UE que buscan traballo, a lexislación da UE declara que non poden ser expulsados mentres poidan proporcionar probas de que seguen buscando o emprego e que teñen unha posibilidade de encontralo. Neste apartado, o Reino Unido quere dar o mesmo tratamento que se está a dar en Bélxica, onde case mil españois foron expulsados "por supoñer un custo para as arcas do estado".

Por último, hoxe en día os cidadáns da UE teñen a posibilidade de levarse aos seus cónxuxes ou parella, os fillos (de ambos os dous ou dun) que son menores de 21 anos ou dependentes e os pais dependentes de calquera deles. Esta posibilidade tamén podería desaparecer se Cameron leva adiante as súas propostas migratorias.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas