GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

CCOO e UGT critican que Europa só estea preocupada por taponar a emigración

(28/04/2015)

CCOO e UGT critican que Europa só estea preocupada por taponar a emigración

Luns, 27. Abril 2015 -

Madrid, 27 abril - CCOO e UGT dixeron hoxe non entender que as autoridades europeas só estean preocupadas por "taponar" a entrada de inmigrantes e coincidiron en que "esa non é a solución" e é esixible unha política migratoria común.

En rolda de prensa conxunta os secretarios de CCOO e UGT, Ignacio Fernández Toxo e Cándido Méndez
, referíronse ás traxedias humanas que acontecen, semana tras semana, no Mediterráneo coas ondadas de inmigrantes e pediron a Europa que "se reconcilie" con esa parte do mundo.

Ambos os dous líderes sindicais dixeron sentirse decepcionados polas políticas europeas e pediron solidariedade.

Tamén avogaron porque África e Oriente Medio recuperen a paz e afirmaron que non se freará a corrente migratoria mentres esa parte do mundo non teñan as súas propias economías que dean unha alternativa decente á súa poboación.

"Europa -dixo Toxo-
non pode seguir facendo oídos xordos cando o drama humano se repite unha e outra vez. África e Oriente Medio necesitan solucións".

Por iso fixo fincapé en que se traballe para evitar a proliferación de guerras que retroalimentan o fenómeno terrorista na zona.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas