GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

135 galegas e galegos do exterior beneficiaranse este ano do Programa ‘Reencontros na Terra’

(28/04/2015)

135 galegas e galegos do exterior beneficiaranse este ano do Programa ‘Reencontros na Terra’

 
 

Mercé a esta iniciativa da Xunta, as e os maiores da diáspora retornan temporalmente á Galicia territorial e poden beneficiarse dunha estadía na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, e aínda despois poden quedar coas súas familias ata un tempo máximo de tres meses.

A maioría das prazas resérvanse para Arxentina e Uruguai, países no que se concentra o continxente máis destacado de galegas e galegos residentes no estranxeiro.

Imaxe de arquivo da chegada ao aeroporto de Santiago de Compostela das e dos participantes na edición de 2014
Imaxe de arquivo da chegada ao aeroporto de Santiago de Compostela das e dos participantes na edición de 2014

 

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2015.

Listen to this page using ReadSpeaker
 

 

A edición deste ano do programa “Reencontros na Terra”, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar, oferta un total de 135 prazas para galegas e galegos residentes no exterior.

A iniciativa ten por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias das e dos emigrantes galegos de 65 ou máis anos de idade, que así poden redescubrir as súas raíces, tanto de tipo cultural e social, como sobre todo familiar, poñéndose en contacto coa realidade do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias, e o intercambio de experiencias co resto das e dos participantes.

Aínda que tódalas e tódolos participantes han de ter 65 ou máis anos de idade, condición sine qua non para beneficiarse do programa, a idade media supera amplamente esta cifra. Segundo as bases publicadas no DOG, o prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de maio. A documentación será avaliada seguindo os criterios de percepción da pensión asistencial por ancianidade do Estado español, e a idade da persoa solicitante, segundo o baremo descrito na correspondente convocatoria publicada no DOG.

Para informar sobre as cuestións relativas ao programa celebraranse reunións informativas previas nos diferentes  países nas que participan os beneficiarios e beneficiarias e nas que intervén persoal das delegacións da Xunta ou, no seu caso, das entidades colaboradoras; os médicos acompañantes no relativo aos temas de coidado da saúde (en Arxentina e Uruguai); e persoal designado pola axencia de viaxes que resulte adxudicataria do concurso público, no tocante aos asuntos de embarque, conexións, pasaxes, etc.

A estadía
O programa desenvólvese ao longo de ata tres meses, con dúas fases diferenciadas. A primeira delas consiste nunha estadía de dúas semanas, na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en réxime de pensión completa, desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas ás perosas participantes, e con excursións, en transporte colectivo, a distintos lugares para un mellor coñecemento da Galicia de hoxe en día. Inclúe unha visita a Santiago de Compostela con percorrido pola cidade monumental, e recepción institucional. Tamén realizarán diversas visitas a outras vilas galegas.

Canto á segunda fase, esta consiste nunha estadía coas e cos seus familiares de Galicia, cos que poden estar ata completar un tempo máximo de tres meses. Trátase dun complemento á estadía “oficial” que supón para moitos dos beneficiarios e beneficiarias unha oportunidade única de atopar as súas raíces máis senlleiras e persoais, e redescubrir as ligazóns familiares deixadas atrás, pero non por iso esquecidas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2019
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas