GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O papa pide unha maior implicación internacional coa inmigración

(20/04/2015)

O papa pide unha maior implicación internacional coa inmigración

 

O pontífice recoñece os esforzos de Italia ao socorrer e acoller moitos refuxiados

El papa Francisco, en la Basílica de San Pedro
O papa Francisco, na Basílica de San Pedro / ETTORE FERRARI (EFE)


EFE
Cidade do Vaticano 18/04/2015 -

 

O papa Francisco expresou a súa "gratitude polo esforzo que Italia está a realizar" ao socorrer e acoller refuxiados que navegan polo Mediterráneo, e fixo un chamamento internacional para que haxa "unha implicación máis ampla". "Desexo expresar a miña gratitude polo esforzo que Italia está a realizar para acoller numerosos inmigrantes que, arriscando a súa vida, solicitan asilo", afirmou o pontífice durante unha audiencia mantida co presidente da República italiana, Sergio Mattarella

, no Vaticano.

"É evidente que as proporcións do fenómeno requiren unha implicación máis ampla. Non debemos cansarnos de solicitar un empeño máis extenso a nivel europeo e internacional", apuntou. Unha opinión compartida por Mattarella
que subliñou que "Italia traballa con xenerosidade para afrontar a emerxencia da chegada de refuxiados e pide dende hai tempo unha intervención firme de Europa para frear esta continua perda de vidas humanas no Mediterráneo".

O papa e o presidente da República italiana mantiveron un encontro privado de preto de 20 minutos no Vaticano, e despois pronunciaron estes discursos que puideron ser escoitados pola prensa. Estes chamamentos prodúcense despois de que a Garda Costeira italiana confirme que nos últimos días socorreu case 11.000 inmigrantes en situación de risco nas augas da Canle de Sicilia
. Unha axuda que, non obstante, non evitou unha nova traxedia, debido a que unha embarcación naufragou e deixou polo menos 400 desaparecidos, segundo o testemuño dos 150 inmigrantes que foron salvados.

Os rescatados contaron que o seu barco se afundiu só 24 horas despois de partir de Libia con destino a Italia e que entre as vítimas habería "moitos mozos, probablemente menores", contou Save the Children, que non precisou esta cifra. Hoxe, un grupo de 93 inmigrantes, salvados nas últimas horas polo servizo de Guardacostas, chegou ao porto de Palermo, na illa de Sicilia (sur), mentres que seguen sen coñecerse máis detalles sobre estes 400 desaparecidos en augas do Mediterráneo.

Se a cifra dos catro centenares de desaparecidos se confirmase, superaría a de 366 persoas falecidas o pasado 3 de outubro ao afundirse a súa embarcación fronte ás costas da illa italiana de Lampedusa. Aquel feito motivou que o Goberno italiano puxera en marcha o dispositivo Mare Nostrum que, durante un ano, permitiu o rescate de 100.250 persoas e o arresto de 728 traficantes, segundo cifras do Ministerio do Interior.

O sistema foi substituído en novembro pola operación Tritón, un programa comunitario que patrulla as fronteiras mediterráneas, pero que conta con menos recursos económicos que o anterior. Mentres que as ONG piden á Unión Europea que garanta "unha axeitada acollida" destas persoas, os centros de identificación italianos e moitos alcaldes das localidades ás que chegan estes inmigrantes advertiron que están desbordados.

A toda esta situación súmase o feito de que os presidentes das rexións setentrionais de Lombardía e Véneto, Roberto Maroni e Luca Zaia, respectivamente, ambos os dous da xenófoba Liga Norte, ameazaron con ocupar os centros, residencias ou ximnasios onde son aloxados os inmigrantes rescatados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas