GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Corenta anos en taxi a Suíza

(14/04/2015)

Corenta anos en taxi a Suíza

 

José Martínez Mosquera, de Abegondo, é o decano nas viaxes con emigrantes

 

carballo/ a voz, 14 de abril de 2015.

 

 

 

Defíneo como «un oficio normal». Singular, pero normal. Excepcional non é: en Galicia hai polo menos dez taxistas que van e veñen a Suíza e Liechtenstein con regularidade, case todos da Costa da Morte. Pero que leven 40 anos ininterrompidos, desde 1975, só hai un: José Martínez Mosquera, de Abegondo e con 62 anos. Sobra dicir que tamén é o único de España con tanta lonxevidade ás súas costas (todos se coñecen), e non sería esaxerado dicir de Europa, aínda que habería que analizar as estradas de Italia ou Portugal, únicos países comparables, con moita emigración helvética.

José empezou nisto porque non había outra cousa. «Tiña que coller un oficio, gañar un xornal». Fillo menor de oito irmáns, coas dificultades daqueles tempos, un irmán comezou a ir e vir en coche cos emigrantes en 1969, e el continuou o traballo. Recorda a outros que empezaron antes, os pioneiros dun traballo que entón pasaba desapercibido, pero fai xa moito que non están. Agora José é o decano.

Comezou cun Dodge Dart. Despois viñeron Peugeots, Volvos e Mercedes . O último ten oito anos e xa lle queda pouco para cambiar de marca. Prefire non falar de quilómetros. «Moitos», resume, pero é evidente que se poden contar por millóns. A súa filosofía de traballo é «a seriedade» e non correr. «Eu vou normal, tranquilo, descansando, sen correr. Non compensa». Si teñen que ser 30 horas ata o seu destino, son 30 horas. Talvez por iso ten clientes desde fai case trinta anos. «Xa non son clientes, son amigos». Mantén vínculos con familias de pais, fillos e netos que levou ou traído, a eles ou as súas pertenzas, cruzando medio continente durante catro decenios. En todo este tempo cambiaron cousas. Por exemplo, as estradas. «Antes, ir a Madrid era como hoxe andar polas aldeas, estradas moi estreitas nas que tiñas que parar para que pasase un camión. E atravesabas os pobos constantemente. Isto xa nada ten que ver. Eu fun vendo como se facían todas as autoestradas e autovías». Tampouco o emigrante tipo é o mesmo. «Daquela era todo construción, temporeiros, facía moitas viaxes por toda Suíza. Hoxe segue habendo moitas obras, pero a xente xa vai máis preparada. E eu traballo sobre todo por Basilea e Zürich». Sempre de porta a porta, unha das vantaxes de viaxar en taxi. Non comenta tarifas, «porque é algo a negociar e a consultar en cada caso», pero outros taxistas fan as viaxes a partir de 180. Aínda que depende moito da carga, o destino... A súa precaución permitiulle liquidar tantos anos na estrada sen accidentes de relevancia. Suíza é orixe e partida cara a Galicia, pero chegou incluso ata Iugoslavia e percorreu toda España.

As novas tecnoloxías non son o seu: «A min axúdame que a xente está contenta, o boca a boca». Non lle fai falta anunciarse en redes sociais. Nin sequera o GPS. «Vou mellor sen navegador que con el. Para andar por Europa, o mellor son os mapas, está todo perfectamente indicado», sinala.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas