GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A devolución da sanidade aos sen papeis non traerá cambios a Galicia

(13/04/2015)

A devolución da sanidade aos sen papeis non traerá cambios a Galicia

 

Sanidade

cre que o Ministerio imita o seu programa, polo que non o modificará

 

O PAÍS Cristina Huete Ourense

11 ABRIL 2015

 

Sen novidade en Galicia. A recuperación polos inmigrantes irregulares do dereito á atención primaria anunciada hai 10 días polo ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, non suprimirá as trabas coas que estes se topan nas urxencias hospitalarias nesta comunidade autónoma. A Consellería de Sanidade asegurou a este diario que "manterá no futuro" o Programa Galego de Protección Social de Saúde Pública tal e como está. Unha medida coa que, coincidindo co anuncio do adianto electoral nesta comunidade, Feijóo

se desmarcou en 2012 da máis restritiva lei aprobada entón polo seu partido, pero mantendo unhas condicións que disuadiron a moitos sen papeis da posibilidade de acceder a este servizo, en opinión das organizacións que os asesoran.

Naquel ano electoral, o presidente galego foi rotundo ao garantir "a cobertura sanitaria a todos os inmigrantes irregulares". Afastábase así Feijóo da decisión da entón ministra de Sanidade do seu partido, Ana Mato
, de converter os inmigrantes máis vulnerables, os sen papeis, en vítimas do abuso que algúns estranxeiros facían da sanidade pública en España.

Pero a medida de Feijóo non foi na práctica idéntica á teoría. Á maioría dos sen papeis atendidos nas urxencias, o Sergas envíalles unha nota co detalle dos gastos dos servizos utilizados e o importe que deben aboar e lles dá un prazo de 10 días, antes de remitirlles a factura, para que acrediten que teñen dereito á prestación gratuíta. E iso, aínda cando na restrición decidida por Mato, se garantía aos que se encontraban en situación irregular en España ao acceso aos servizos de urxencias, a maternidade e os coidados dos nenos, a asistencia básica asegurada para calquera persoa.

Para evitar o pagamento sanitario, os sen papeis residentes en Galicia deben, dende 2012, recorrer ao papelame para poder xustificar unha estanza de polo menos seis meses nesta comunidade, que carecen de recursos tanto en España coma no país de orixe e que non teñen outra posibilidade de acceder á sanidade. Unha serie de requisitos que converteron a pretendida medida humanitaria de Feijóo nun muro "claramente disuasorio" para o acceso á sanidade pública "que pon vidas en risco", en opinión de varias ONG que asesoran ao colectivo inmigrante. SOS Sanidade Pública de Galicia, Asociación Galega de Medicina Familiar, Médicos do Mundo e o Foro Galego de Inmigración explican así que a maioría renuncian á asistencia.

A Xunta sostén, non obstante, que o seu programa é o modelo que seguiu o Goberno central, polo que a Consellería de Sanidade asegura que non ten intención de cambiar as condicións actuais incluídas no seu programa. O gabinete que preside Rocío Mosquera considera que o seu programa é o axeitado, xa que permite o acceso aos dispositivos de Atención Primaria e Atención Especializada" e foi copiado polo Ministerio, ao que asegura que trasladou "en varias ocasións", xunto a "outras comunidades españolas", todos os seus detalles co fin de "poder estendelo polo territorio nacional".

Por este motivo, Sanidade cualifica de "unha boa noticia" o anuncio de Alonso, que coincide tamén en período electoral, de supresión das restricións anteriores. "Xa se estaban a facer algunhas cousas nalgunhas comunidades e trátase dunha regulación útil que sirva a todos os territorios de España", xustificou a finais de marzo o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o anuncio que acababa de realizar o ministro de Sanidade. Este apelou a "cuestións de saúde pública" para xustificar a devolución da atención primaria aos sen papeis, pero non deu detalles sobre cales serán os requisitos que haberá que cumprir para acceder á Atención Primaria. Alonso defendeu a súa reforma por "práctica", xa que "non" satura as urxencias".

Se se mantén, como sostén a Consellería de Sanidade, o modelo do programa específico aprobado en 2012 pola Xunta, os enfermos sen papeis seguirán sendo advertidos na recepción dos hospitais da rede pública de que se non teñen cartilla ou acreditan a lista de condicións esixidas, deberán pagar o prezo marcado para cada un dos servizos sanitarios aos que accedan. Ese muro disuasorio que, segundo as ONG, leva á maioría a poñer en risco a saúde.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas