GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Unión de Sociedades Galegas e o Goberno da cidade de Bos Aires asinaron un acordo de mutua colaboración

(10/04/2015)

A Unión de Sociedades Galegas e o Goberno da cidade de Bos Aires asinaron un acordo de mutua colaboración



Mariana Ruiz, Bos Aires | 10 Abril 2015 - Crónicas da Emigración





Representantes de la Embajada, del Gobierno porteño y de la Federación Unión de Asociaciones Gallegas posan tras la firma del acuerdo.

 

Representantes da Embaixada, do Goberno porteño e da Federación Unión de Asociacións Galegas posan tras a firma do acordo.


 

 

A Federación Unión de Sociedades Galegas da República Arxentina (FUAGRA) e a Axencia Gobernamental de Control (ACG) da Cidade Autónoma de Bos Aires asinaron un convenio marco de colaboración para "atender as necesidades da comunidade galega e difundir as accións da AGC".

A firma do acordo, que rubricaron o presidente da Federación Unión de Asociacións Galegas da República Arxentina, José Luis Sangiao Otero, e o director executivo da AGC, Juan José Gómez Centurión, tivo lugar este mércores, día 8, na sede da axencia gobernamental porteña, e contou coa presenza do conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España, Santiago Camba Bouzas; do delegado da Xunta de Galicia, Alejandro López Dobarro; e do coordinador xeral da AGC, Santiago Lucero Torres.

Alí tamén estiveron presentes representantes das 50 institucións que integran a Unión de Asociacións Galegas, as cales representan máis de 18.000 asociados, e que coas súas accións xeran un impacto sobre máis de 60.000 membros da colectividade galega en Bos Aires.

Tras a rúbrica do convenio, Santiago Camba asegurou que "é importante a colaboración que a comunidade española e a colectividade galega en particular, recibe do Goberno da Cidade". "Unha colaboración clave -afondou- para o desenvolvemento económico e social da nosa comunidade".

Pola súa banda, Gómez Centurión destacou a importancia de traballar en conxunto tanto coa Embaixada de España coma coa comunidade galega, "porque isto permitirá -puntualizou- promover o cumprimento das normas de control e, ao mesmo tempo, estar máis preto dos veciños da cidade".                                                                     

 Coa integración dos socios ao Programa de Xestión de Intereses da AGC, explicou, ábrese unha canle de diálogo institucional que permitirá canalizar mellor as demandas dos asociados.

O fin último, precisou, é fortalecer os lazos coas asociacións que integran a Unión, co compromiso de brindar un mellor servizo ás necesidades dos seus membros e de realizar, así mesmo, un seguimento ás súas inquietudes e proxectos no marco de competencias propias da AGC.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas