GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pilar Rojo agradece a acollida dispensada á colectividade galega na Arxentina, país que viu a emigración como unha

(08/04/2015)

Pilar Rojo agradece a acollida dispensada á colectividade galega na Arxentina, país que viu a emigración como unha "oportunidade"

 

 
 

Foi distinguida como "Hóspede de Honra" do Parlamento da Cidade Autónoma de Buenos Aires.

 

"Os valores democráticos residenciados na institución lexislativa superan e deberán superar sempre as lexítimas diferenzas ideolóxicas".

 

Defende o papel central dos parlamentos como templos da palabra nos que lograr o "entendemento co adversario político, ao que xamais deberemos ver como inimigo".

 

Rematou a visita a Bos Aires reuníndose con representantes da Unión de Sociedades Galegas na República Arxentina.

 

A presidenta do Parlamento de Galicia, durante o acto no que foi distinguida como 'Hóspede de Honra' do Parlamento da Cidade Autónoma de Bos Aires

A presidenta do Parlamento de Galicia, durante o acto no que foi distinguida como "Hóspede de Honra" do Parlamento da Cidade Autónoma de Bos Aires

 

Bos Aires, 7 de abril de 2015.

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, agradeceu hoxe, "no nome de todos os galegos que chegaron a esta terra" a acollida dispensada na Arxentina á colectividade galega.

"Todos foron aceptados nesta patria irmá na que se lles brindou a oportunidade de botar raíces e formar unha familia", afirmou Rojo Noguera antes de expresar as súas "grazas aos homes e mulleres desta nación irmá, que souberon ver a emigración como unha oportunidade e non como unha ameaza".

Pilar Rojo así o manifestou esta tarde (noite en Galicia) ao ser distinguida como de "Hóspede de Honra" do Parlamento da Cidade Autónoma de Buenos Aires.

Nese acto quixo render homenaxe a "todos" os galegos e galegas que nalgún momento emigraron á Arxentina: "aos que gañaron o respecto e a admiración dos seus semellantes e aos que cos seus aforros axudaron ás familias que quedaban en Galicia; aos que accederon a postos de responsabilidade na empresa e nas institucións, e aos que se converteron en referentes intelectuais; e homenaxe tamén aos que viviron aquí o exilio, porque é de xustiza ter un recordo emocionado para eles", sinalou a presidenta do Parlamento de Galicia.

Tal e como fixera onte na inauguración do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos e ao abrir ao público a mostra 53 páxinas das nosas letras, Pilar Rojo volveu enfatizar o labor das e dos intelectuais, artistas e escritores galegos e galegas que, durante anos, fixeron de Bos Aires a capital cultural de Galicia, ata o punto de que unha porcentaxe significativa dos libros galegos editados ata comezos da segunda metade do século XX saíron do prelo na capital arxentina.

 

Defensa do parlamentarismo democrático

Como vicepresidenta da CALRE (Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas), da que forman parte 74 parlamentos rexionais que representan a case 200 millóns de europeos de 8 países diferentes, Rojo reivindicou a "plena vixencia" do parlamentarismo democrático.

Na súa opinión, "os valores democráticos residenciados na institución lexislativa superan e deberán superar sempre as lexítimas diferenzas ideolóxicas".

 

Persoas adversarios, non inimigas

A presidenta do Parlamento de Galicia agregou que as Cámaras lexislativas "constitúen o templo da palabra e a través das palabras, da discusión civilizada, articúlase a concordia, o acordo, o entendemento co adversario político, ao que xamais deberemos ver como inimigo".

A titular do Lexislativo galego iniciou a xornada de hoxe visitando o Colexio Santiago Apóstolo, o Centro Galicia de Buenos Aires e a Delegación da Xunta de Galicia na capital arxentina.

Pilar Rojo rematou a visita a Bos Aires reuníndose con representantes da Unión de Sociedades Galegas na República Arxentina, a quen agradeceu o traballo que desenvolven para "manter vivo o sentimento de Galicia" e tamén animou a traballar desde a unión e a cooperación entre as diferentes entidades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas