GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

1.790 ourensanos emigraron entre 2012 e o primeiro semestre de 2014

(08/04/2015)

1.790 ourensanos emigraron entre 2012 e o primeiro semestre de 2014


A deputada ourensana polo PSOE
lamentou este martes a saída dende 2012 de 11.604 galegos que emigraron ao estranxeiro




A Rexión


Redacción 07/04/2015


Aínda que en termos absolutos é maior o número de persoas das provincias da Coruña e Pontevedra que emigran ao estranxeiro debido á súa maior poboación, o peso relativo de persoas que abandonan Galicia para buscar traballo noutros países é maior na provincia de Ourense. Esa é a valoración da deputada ourensana polo PSOE, Laura Seara, a raíz da resposta do Goberno que, segundo sinala, confirma que "dende 2012 ao primeiro semestre de 2014 houbo 11.604 galegos que emigraron ao estranxeiro, dos cales 1.790 eran ourensanos
,".

Laura Seara atribúe esta situación á crise económica, "agravada polas políticas de recorte do PP, en Galicia e en Madrid, que condenaron aos cidadáns á asfixia" e á que sumou "a ausencia de emprego de calidade e a deficiente estrutura empresarial galega" pero tamén "as erráticas políticas de emprego e os inasumibles recortes sociais levados a cabo polo Goberno de Rajoy coa compracencia de Feijóo
".

Segundo Seara, é especialmente grave que "esta fuga" de cidadáns españois e galegos se produza sobre todo entre os máis novos e cualificados, o que ao seu xuízo, "agrava aínda máis o problema da perda e envellecemento da poboación existente en Galicia e fai aínda máis difíciles as perspectivas de sostibilidade da economía galega"."Mentras tanto", reprochou, "o Goberno do PP presume de que baixa o número de parados, cando estes mozos que emigran causan baixa nas listas do paro,". Ademais acusou o Goberno de valerse deste drama para "maquillar as cifras de paro".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas