GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de estranxeiros residentes en España sitúase en 4.925.089 persoas

(06/04/2015)

O número de estranxeiros residentes en España sitúase en 4.925.089 persoas

 

O número de estranxeiros en réxime de libre circulación UE

ascende a 2.773.707 e en réxime xeral a 2.151.382



Gobierno de España. Ministerio de Empleo y Seguridad Social
01 abril 2015



Foto ilustrativa de la noticia




O número de estranxeiros con certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor sitúase en 4.925.089 persoas, segundo a Estatística de Estranxeiros residentes en España a 31 de decembro de 2014 elaborada polo Observatorio Permanente da Inmigración (OPI
) da secretaría xeral de Inmigración e Emigración.

Do total de residentes estranxeiros, 2.773.707 corresponden ao réxime de libre circulación UE (cidadáns UE
e familiares nacionais de terceiros países), é dicir, o 56,32% do total e 2.151.382 ao réxime xeral, o 43,68%.

Durante 2014 o número de estranxeiros descendeu en 18.538, un 0,37%, como consecuencia da diminución en 101.068 persoas no réxime xeral e do incremento en 82.530 no de libre circulación UE
.

Ao longo do ano, en torno a 180.000 estranxeiros en réxime xeral accedeu á nacionalidade española, sendo este un dos motivos principais do descenso no devandito réxime.

Os estranxeiros con maior presenza en España son os nacionais de Romanía (953.183), Marrocos (770.735) e Reino Unido (275.817). Os estranxeiros cuxo número máis aumentou en 2014 son os nacionais de Italia (6,09%), Reino Unido (3,87%) e Romanía (2,69%).

Os maiores descensos corresponden aos procedentes de Ecuador (-13,94%), Colom­bia
(-13,81%) e Bolivia (-12,27%), principalmente a causa do acceso á nacionalidade española destes colectivos.

Cataluña (1.085.523), Comunidade de Madrid (798.187), Andalucía (676.613) e Comunidade Valenciana (660.194) agrupan un total de 3.220.517 estranxeiros, é dicir, o 65,47% do total de estranxeiros con certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor. Por outro lado, as comunidades autónomas con menor número de estranxeiros son Cantabria, Principado de Asturias, La Rioja e Extremadura
.



RÉXIME DE LIBRE CIRCULACION
UE

O número de estranxeiros no réxime de libre circulación UE é de 2.773.707 persoas, o 56,32% do total, o que supón un incremento do 82.530 persoas (3,07%) en variación anual.

O número de cidadáns UE a 31 de decembro de 2014 ascende a 2.403.127 e a 370.580 no caso dos familiares nacionais de terceiros países.

Romanía é o país que conta cun maior número de residentes en España, un total de 953.183 estranxeiros, seguido por Reino Unido (275.817 estranxeiros) e Italia (217.524 estranxeiros).



RÉXIME XERAL

O número de estranxeiros residentes en Réxime Xeral é 2.151.382, o 43,68% do total. Esta cifra supón un descenso interanual de 101.068 estranxeiros, un 4,49% menos.

O colectivo con maior presenza de estranxeiros neste réxime segue correspondendo aos marroquís, cun total de 734.297 persoas. Ségueo China con 187.390 e Ecuador con 172.577.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas