GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta convoca axudas para promover o autoemprego e a creación de empresas por parte de emigrantes retornados

(06/04/2015)

A Xunta convoca axudas para promover o autoemprego e a creación de empresas por parte de emigrantes retornados



SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Abril (EUROPA PRESS) -

 

 


A Secretaría Xeral de Emigración convocou, por terceiro ano consecutivo, as bases reguladoras das subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia por parte dos emigrantes retornados e os seus cónxuxes ao longo de 2015.

Estes apoios teñen como obxectivo axudar a que os galegos residentes no exterior instalen en Galicia o seu negocio, así como favorecer a creación de novos postos de traballo, destacou o departamento autonómico nunha nota de prensa.

Cun tope máximo de 8.000 euros por solicitude (no caso de muller, ata 39 anos, e membro dunha sociedade laboral ou cooperativa), estas subvencións son compatibles e complementarias coas establecidas para todos os galegos polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía
.

Emigración destacou que a súa intención, ademais de completar estas liñas cunha acción adicional, é recordade aos galegos residentes no exterior que son tamén poboación que pode acollerse ás subvencións e axudas da Xunta para o emprendimiento
, que no seu conxunto superan este ano os 27 millóns de euros.

 

 INCENTIVAR A RECUPERACIÓN

Deste modo, incentívase que os proxectos que teñan en mente os retornados collan forma canto antes e axuden á recuperación do tecido económico da Galicia territorial, a través de iniciativas nacidas dentro e fóra do territorio, especialmente aquelas creadas a raíz de experiencias profesionais no exterior.

En concreto, a iniciativa subvenciona os gastos que leva consigo o establecemento das persoas galegas emigrantes retornadas ben como traballadores autónomos ou por conta propia, ou ben como socios traballadores de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Así, son obxecto de subvención ata o 80% dos gastos de notaría e rexistro, taxas, licenzas administrativas, servizos profesionais externos, investimentos derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de vendas en liña, publicidade e propaganda, primas, de seguros, arrendamento de local, de maquinaria ou equipos, entre outras cuestións.

 

DESTINATARIOS

Poden acollerse ás axudas as persoas galegas retornadas, que teñan fixada a súa residencia en Galicia, e que estean dadas de alta nalgún dos réximes da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de setembro, e a contía tope da axuda é de 4.000 euros para autónomos e 6.000 para sociedades laborais ou cooperativas, en ambos os dous casos con 1.000 euros a maiores se a persoa solicitante ten 39 anos ou menos, e outros 1.000 máis ése muller a persoa solicitante.

A estas axudas tamén poden acollerse as persoas galegas residentes no Exterior que retornasen á Galicia territorial ata dous anos antes á presentación da solicitude de axuda ao abeiro da resolución, e que residan e exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma.

 

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas