GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Sanidade dará atención primaria aos simpapeles como fixo Galicia

(01/04/2015)

 

Sanidade dará atención primaria aos simpapeles como fixo Galicia

 

Alonso alega cuestións de saúde pública para rectificar a medida do 2012

 

Santiago / La Voz, de abril de 2015.

 

 

Dentro duns días cumprir tres anos do Real Decreto 16/2012 do 20 de abril, unha norma estatal que pasará á historia polos recortes que impuxo na sanidade pública. Tantos, que nestes case tres anos xa se deu marcha atrás polo menos en catro das medidas recollidas: o copago dos fármacos hospitalarios; o copago do transporte sanitario non urxente; o copago do material ortoprotésico e, onte mesmo, o ministro de Sanidade anunciou a devolución do dereito á atención primaria para os inmigrantes irregulares.

Esta medida xerou moitísimas críticas de colectivos sociais e médicos, ata o punto de que moitos facultativos se declararon insumisos a retirar esta asistencia. Nunha entrevista con axénciaa Efe, Alfonso Alonso asegurou que os simpapeles poderán volver ser atendidos en atención primaria por «cuestións de saúde pública» e para non saturar as urxencias. O decreto lei limitaba o seu dereito á urxencia, salvo no caso dos menores de 18 anos, as embarazadas ou por problemas de saúde pública. Agora terán un médico de cabeceira pero, iso si, non recuperarán o cartón.

Na práctica o Ministerio de Sanidade unificará un programa que tiveron que pór en marcha moitas comunidades para non deixar desprotexido a este colectivo, e de feito os requisitos para acceder serán practicamente os mesmos -levar un tempo empadroado e non ter recursos nin outra vía para asegurarse-.

 

Catro comunidades sen plan

Só Madrid, Valencia, Baleares e Castela A Mancha non articularon ningunha cobertura para os estranxeiros sen papeis. Galicia foi a primeira en habilitar un programa específico. Fíxoo en setembro do 2012, xusto cando se lles retiraba o dereito ao cartón sanitario. Máis de dous mil inmigrantes inscribíronse neste programa de saúde pública, aínda que unha porcentaxe nada desdeñable logrou outras vías de aseguramiento. Iso si, ao non ter cartón esta asistencia limítase á comunidade, e non se estende fóra da autonomía ou do país. O xerente do Sergas, Antonio Fernández Campa, cualificaba de boa noticia esta medida, «porque é evidente que a vía de entrada á sanidade é a atención primaria, non as urxencias».

Miguel Fernández, portavoz do Foro Galego de Inmigración, lamenta que se estea «estendendo o parche a toda España», e ve moito electoralismo no anuncio de Alonso. Recoñece que Galicia fixo os deberes ao non deixar de atender a ningún inmigrante que tivese cartón antes do real decreto, «pero as razóns que di o ministro son lamentables. Que é un problema de saúde pública levámolo dicindo nós anos», recorda. Fernández insiste ademais en que este recorte de dereitos non se cuantificou en ningún aforro económico.

Requisitos

Empadroamento. En Galicia 183 días. Sanidade aínda non o ten claro. Barállase entre seis meses e un ano para acceder ao programa.

Sen recursos. Nin seguro por outra vía. Para acceder ao programa anunciado por Alonso hai que acreditar a falta de recursos, así como doutras vías de aseguramiento.

Tamén especializada. A pesar de que se falou da primaria, os pacientes poderán ser derivados ao especialista.

Reaccións

Acusan a medida de electoralista

O Principado de Asturias cualificou de «electoralista» a medida anunciada por Alonso, pero non foi o único. A plataforma Defensa da Sanidade Pública foi dos primeiros en reaccionar onte ao anuncio de Alonso tachándoo de interesado e demagóxico, igual que CiU, Izquierda Unida, Podemos, Comisións Obreiras e varias oenegués, entre elas Médicos do Mundo, das máis activas nas protestas.

O PSOE solicitou a comparecencia de Alfonso Alonso

O PSOE solicitou onte mesmo a comparecencia no Congreso do ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, para que informe sobre a cobertura sanitaria en atención primaria aos inmigrantes en situación irregular e o impacto da exclusión deste colectivo que supuxo o real decreto lei 16/2012.

Os médicos de familia, satisfeitos

O presidente dos médicos de atención primaria (Semergen), José Luis Llisterri, mostrouse satisfeito co anuncio, xa que o decreto «tiña certas lagoas», como a falta de asistencia gratuíta aos inmigrantes. E subliñou a importancia de que o centro de saúde sexa «o eixo en torno ao cal pivote a asistencia a este tipo de pacientes».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas