(31/03/2015)
Consulado Móbil de Colombia na Coruña
No mes de abril o Consulado de Colombia desprazará a súa unidade móbil á cidade da Coruña
Consulado Móbil de Colombia na Coruña . - O Consulado Xeneral de Colombia en Madrid desprazará a súa unidade móbil "Colombia máis preto de tí" á cidade da Coruña os próximos días martes 7, mércores 8 e xoves 9 de abril de 2015.
A Unidade Móbil consular poñerá atención para todos os trámites consulares:
- Pasaporte.
- Constancias ou certificacións de Inscrición Consular.
- Permiso de saídas.
- Autenticacións, Poderes específicos e Declaracións de estado civil.
- Cédula de cidadanía (primeira vez, duplicado e renovación).
- Pagamento de Apostila, Pasado xudicial e outros documentos colombianos.
- Rexistro Civil.
Os que desexen acudir á Unidade Móbil a realizar calquera destes trámites, deberá solicitar previamente a súa cita a través do seguinte enlace: https://tramites.cancilleria.gov.co/Ciudadano/inicio.aspx?oficina=ESPMAD
Horario de atención do Consulado Móbil:
* Martes 7 de abril: de 9 a.m a 5 p.m
* Mércores 8 de abril: de 9 a.m a 5 p.m
* Xoves 9 de abril: de 9 a.m a 5 p.m
Lugar: Zona Obelisco (Rúa Cantón Grande, 3) -Código Postal 15003 A Coruña
Os pagamentos pódense realizar con tarxeta de débito ou crédito directamente na Unidade Móbil ou a través de consignación no Banco Santander, conta n.º 0049-0496-81-24 10206925 polo valor exacto do trámite que desexe facerse. Unha vez realizado o pagamento, deberá presentarse o recibo orixinal, que deberá ir imprimido co timbre e o nome do beneficiario.
É necesario presentar o recibo orixinal imprimido co timbre e o nome do beneficiario.
Ademais, entregaranse sen cita cédulas e pasaportes tramitados previamente na Oficina Consular de Madrid ou nun Consulado Móbil anterior. Para iso é necesario enviar un correo electrónico á dirección cmadrid@cancilleria.gov.co antes do mércores 1 de abril de 2015.
Consulta os requisitos e tarifas en http://madrid.consulado.gov.co/
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas