GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Entenza recoñece o labor da emigración

(23/03/2015)

Entenza recoñece o labor da emigración

 

O Concello descobre unha placa conmemorativa na antiga escola promovida pola Sociedade Fillos de Entienza

 

Salceda de Caselas, 21/03/2015

 

Unha ofrenda floral no cemiterio parroquial e o descubrimento dunha placa conmemorativa na Casa Escola foron os actos cos que o Concello homenaxeou á Sociedade Fillos de Entienza. Máis dun millón de galegos emigraron entre 1.880 e 1.940 en busca dun futuro de mellor. Os veciños de Salceda fixérono fundamentalmente a Buenos Aires. Manuel Pérez Gándara e Alberto Estévez fundaron alí a Sociedade de Fomento e Educación Fillos de Entienza. Naceu coa finalidade de ser unha asociación de apoio mutuo, recreo, a loita contra o caciquismo e o fomento de obras en beneficio da paroquia. O cemiterio, fundado en 1.923, a Casa Escola, aberta en 1932, e a Ponte do Picado é o legado que deixaron para as xeracións posteriores. A sociedade chegou a contar con 250 socios, cuxos nomes quedaron gravados no cemiterio, como símbolo de agradecemento dos veciños por ter contribuído ao desenvolvemento de Entenza.

A homenaxe estivo organizado polo Concello, a comunidade de montes e a Asociación de Xóvenes A Turonia. O alcalde, Marcos Bicada, o presidente comunal, Maximino Castiñeira e a portavoz da entidade xuvenil María Núñez, depositaron unha coroa de loureiros sobre a lápida do fundador da sociedade. Tamén o fixeron os veciños que herdaron o legado da sociedade, Juan Soto Fontaíña, Demetrio Pereira Sousa, Amancio Cabaleiro Calvo, Claudio Caballero Estévez e os familiares dos xa falecidos José González Bernández e Antonio Robles Romero Martínez, representados por Juan Jesús González Calvo e Luisa Núñez Alonso.

O alcalde, momentos antes do descubrimento da placa conmemorativa, manifestou que con esta homenaxe se salda unha «unha débeda histórica» coa Sociedade Fillos de Entenza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas