GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Europol pon en marcha un equipo operativo contra a inmigración irregular no Mediterráneo

(18/03/2015)

Europol pon en marcha un equipo operativo contra a inmigración irregular no Mediterráneo



O órgano de coordinación policial da UE, Europol, puxo en marcha este martes un equipo operativo conxunto, bautizado como Mare, cuxo obxectivo é combater os grupos de delincuencia organizada que están a facilitar as viaxes en barco de inmigrantes no Mediterráneo para que entren de forma irregular na UE
.

EUROPA PRESS

 

- BRUXELAS

17/03/2015
O novo equipo operativo combinará os recursos de Europol en materia de intelixencia coas capacidades dos Estados membros para levar a cabo operacións coordinadas contra estas redes de facilitadores. Mare reforzará ademais a cooperación entre Europol, Frontex, Interpol e os Estados membros.

"As traxedias migratorias que vimos no mar esixen unha acción rápida e coordinada a nivel da UE. O lanzamento do equipo operativo Mare non podía ser máis oportuno", dixo o director de Europol, Rob Wainwright
, nun comunicado.

"Europol
e os nosos socios concedemos unha grande importancia á loita contra os grupos criminais que facilitan a inmigración ilegal e combinaremos todos os recursos dispoñibles para dar unha resposta proactiva das forzas de seguridade", resaltou.

"Este centro de intelixencia marítima, albergado e apoiado por Europol, ten un gran potencial. Reforzará as nosas actuacións contra os traficantes de seres humanos, contra os criminais sen escrúpulos que facilitan a inmigración irregual cara a Europa a través do Mediterráneo," apuntou pola súa banda o comisario de Inmigración, Dimitris Avramopoulos.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas