GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Africa e Oriente Medio, novos destinos para os españois que buscan traballo no exterior

(16/03/2015)

Africa e Oriente Medio, novos destinos para os españois que buscan traballo no exterior



A Rexión Internacional 16/03/2015


O número de expatriados españois a África e Oriente Medio creceu de forma "considerable" en 2014 aínda que a Unión Europea, EUA e América Latina seguen sendo os "destinos tradicionais" aos que se trasladan os traballadores españois, segundo a información ofrecida por Employee Mobility Solution (EMS
).

Tras analizar o estudo "Global Mobility Survey", a presidenta de EMS, Ana Gazarián
, asegura que África é un "mercado que cada vez atrae máis proxectos e investimentos" e que presenta "unha boa proxección para as empresas españolas", especialmente en sectores como a enxeñaría ou as infraestruturas.

Do mesmo xeito, Gazarián explica que en 2014 se percibiu en Asia "un incremento importante" do número de expatriados
españois en campos como a industria alimentaria e a moda.

Non obstante, a responsable de EMS subliña que Estados Unidos, Latinoamérica e a Unión Europea seguen recibindo o maior número de traballadores españois mobilizados no exterior.

 

Empregos en América Latina

Gazarián
argumenta que en América Latina "resulta complicado" encontrar certos perfís, polo que as empresas recorren aos profesionais españois especialmente para persoal técnico cualificado.

O informe de EMS subliña que a construción, a enxeñaría e a tecnoloxía son os sectores nos que destacan as expatriacións españolas, aínda que Gazarián
asegura que en "os dous últimos anos" tamén están explorando opcións no exterior moitas empresas do sector servizos.

"En 2014 temos visto que tamén saíron, sobre todo a Latinoamérica, sectores creativos como publicidade ou márquetin
, servizos xurídicos ou doutra índole," explica.

Por outra parte, a presidenta de EMS
detalla o "cambio na modalidade dos traslados" dos traballadores españois, que agora están máis dispostos a aceptar que o pagamento e as condicións laborais sexan as do país de acollida.

Así mesmo, EMS
constatou que os directivos e traballadores de perfil alto xa non son os únicos que saen ao exterior senón que "a mobilidade se estendeu ao persoal técnico e mandos intermedios".

Gazarián tamén resalta que a maioría sae de España por períodos de media duración, de entre dous e tres anos, aínda que continúa sendo relevante a mobilidade "por proxectos específicos" de menos dun ano.

 

Políticas de retorno

Neste contexto, EMS
aposta por "desenvolver políticas migratorias que incentiven estas persoas (mobilizadas) con formación profesional, académica ou de investigación para que retornen ao país ou que sigan vinculadas en programas que xeren rendibilidade á economía española".

Respecto ás estatísticas mundiais, a mobilidade internacional de empregados creceu en 2014 un 26%, o que supón o cuarto ano consecutivo de incrementos, impulsado principalmente polo sector servizos.

O informe "Global Mobility Survey
" apunta ao "resurximento do sector servizos", que tivo un crecemento neto do 61%, mentres que en anos anteriores a maior mobilidade internacional se rexistrou en sectores como automoción, farmacéuticas e empresas fabricantes.

O estudo revela ademais que Estados Unidos e China seguen sendo os países que reciben un maior número de empregados mobilizados no mundo, cunha representación do 12% e do 11% do total, respectivamente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas