GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Interior creee que reforzar Frontex tería un

(13/03/2015)

Interior creee que reforzar Frontex tería un "efecto chamada" á inmigración

 


fernandez-diaz-efe-5.jpg

O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz. Imaxe: Efe

 

EFE | 12/03/2015 -

 

 

 

O ministro español do Interior, Jorge Fernández Díaz, considerou este xoves que reforzar a Axencia de Control de Fronteiras Exteriores (Frontex
) podería ter un "efecto chamada" á inmigración ilegal e non solucionaría o problema senón que o acrecentaría.


"Frontex é unha axencia que ten por misión asegurar as fronteiras e non se pode converter nunha axencia de salvamento e rescate", indicou Fernández Díaz
á súa chegada ao Consello de Ministros europeos de Interior que se celebra en Bruxelas.

"Con iso en lugar de resolver o problema o que facemos é acrecentalo polo efecto chamada", sostivo, e explicou que se existise un axencia europea de salvamento e rescate estaríase a desnaturalizar a misión de Frontex
e podería ter un "efecto chamada" para as mafias que trafican con persoas, porque saberían que finalmente os inmigrantes serían recollidos e levados ao seu destino.

O ministro dixo que isto non quita que Frontex
aplique o "principio humanitario" e rescate calquera persoa cuxa vida corra perigo en calquera circunstancia.

Para o ministro a resolución do problema pasa pola prevención en orixe, a axuda ao desenvolvemento aos países de orixe e tránsito, e a cooperación operativa coas forzas de seguridade que loitan contra as mafias. "Esa é a política a curto e medio prazo que vai resolver este problema e que habemos de xestionar entre todos, como digo baixo o principio de solidariedade compartida", agregou.

A Comisión Europea (CE) recalcou en numerosas ocasións que Frontex non é unha axencia de rescate e salvamento senón que o seu papel limítase á protección de fronteiras exteriores e pediu os Estados membros que reflexionen sobre se queren que teña outro papel, así como que consideren reforzar o seu presuposto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas