GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facenda recibiu xa 10.500 peticións de emigrantes retornados

(13/03/2015)

Facenda recibiu xa 10.500 peticións de emigrantes retornados

 

Efe 12 de marzo de 2015.

Os perceptores dunha pensión pública no estranxeiro poderán proceder á regularización e non ter que pagar así intereses, recargas ou sancións

A Axencia Tributaria recibiu xa 10.500 formularios de residentes en España e perceptores dunha pensión pública no estranxeiro para proceder á regularización e non ter que pagar intereses, recargas ou sancións, dixo este mércores o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro
. O ministro explicou no pleno do Congreso que a comezos de febreiro se explicou en máis de 650.000 cartas aos emigrantes retornados e perceptores de pensión no estranxeiro a decisión de condonar as posibles sancións, recargas e intereses e se especificaba os pasos.

Fontes do Ministerio de Facenda puntualizaron que en total se recibiron 10.500 peticións de regularización de persoas que non declararan e que agora queren facelo sen sancións nin recargas. Ademais, outros 10.097 pensionistas solicitaron a condonación ou devolución dos intereses, recargas ou sancións que tiveron que aboar no seu momento e que agora Facenda lles devolverá. Desta forma, o ministerio explica que na actualidade hai 20.597 persoas que empezaron unha ou outra xestión.

Montoro asegurou este mércores que «se está a dar a facilidade» a este colectivo, xa que se trataba de cartas aclaratorias, cuxa información poden completar no portal de Axencia Tributaria e nun número gratuíto de teléfono. Así mesmo e para aqueles que teñan dificultade para completar a documentación, facilitouse un servizo de asistencia persoal para informar e confeccionar as declaracións con cita previa para evitar esperas. O ministro informou de que xa se concertaron 31.000 citas nas delegacións especiais para atender aos afectados.

Montoro contestaba así ao deputado socialista Antonio Hurtado que criticaba o envío destas 700.000 cartas «intimidatorias» a emigrantes retornados, que se senten «intimidados, maltratados, coaccionados». Moitas destas persoas perciben pensións de 17, 50 ou 127 euros ao mes e «non» chegan «á necesidade nin obriga de declarar», teñen invalidez absoluta e están exentas do pagamento de IRPF ou xa declararan e foran obxecto de expedientes de comprobación, engadiu.

Furtado indicou que «tres de cada catro cartas que remitiu poderíallas ter aforrado, e a cuarta, tamén» porque tiña que ter devolto de oficio estes importes condonados e «inxustos», polo que instou o ministro a que pida perdón aos prexudicados.

Montoro descartou pedir perdón e engadiu que esta lei deu unha condición especial a este colectivo, «porque o merecían» e porque considera que «podían ter descoñecemento da lexislación tributaria española». «Promovemos unha lexislación fiscal que, por primeira vez, condonou calquera sanción ou recarga que tivesen: é unha amnistía fiscal», sinalou Montoro. A este respecto, Hurtado respondeu que «non» amnistiou os millóns de emigrantes retornados, senón a 30.000 presuntos chourizos».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas