GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Recuperan os cadáveres de dez inmigrantes en augas da Canle de Sicilia

(04/03/2015)

Recuperan os cadáveres de dez inmigrantes en augas da Canle de Sicilia

Outros 121 inmigrantes foron rescatados con vida tras naufragar cando viaxaban nunha embarcación en dirección ás costas italianas

 

 

Efe, 04 de marzo de 2015.

 

 
 

O servizo de Gardacostas de Italia recuperou os cadáveres de dez presentas indocumentadas en augas da Canle de Sicilia tras rescatar a 121 inmigrantes que naufragaron cando viaxaban nunha nave con dirección ás costas italianas.

O corpo de salvamento informou hoxe nun comunicado de que o suceso se produciu na tarde do martes, cando o seu Centro Operativo recibiu a alerta desde unha plataforma petrolífera fronte ás costas de Libia que advertía do naufraxio dunha patera nas súas proximidades.

A nave italiana «Dattilo», que levaba a bordo outros 318 inmigrantes que rescatara previamente, desprazouse á zona para facerse cargo dos sobreviventes da patera e trasladar os cadáveres.

A continuación procedeu a supervisar a área en busca doutros posibles sobreviventes.

A Garda Costeira italiana puxo en marcha no último día un total de sete operacións de rescate en alto mar polas que foron salvados un total de 941 inmigrantes que trataban de chegar a chan italiano.

Os sobreviventes son, na súa maioría, de nacionalidade siria, palestina, tunisiana, libia ou procedentes da área subsahariana.

Entre eles hai máis de 30 nenos e máis de 50 mulleres, das cales unha está embarazada e foi trasladada de urxencia a un hospital da illa italiana de Lampedusa. O resto dos sobreviventes está a ser trasladado a portos de Sicilia.

Esta nova avalancha de inmigrantes procedentes de zonas en conflito de África e Oriente Medio produciuse o mesmo día no que o Ministerio do Interior italiano sinalou que o número desembarcados nas súas costas no que vai de ano aumentou un 43 % respecto ao 2014.

Así alertou de que, de continuar ese ritmo, de aumento poderíase exceder a marca que Italia bateu en 2014, cando chegaron máis de 160.000 inmigrantes irregulares, unha cifra que multiplicou por catro as máis de 40.000 persoas do ano 2013. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas