GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facenda envía cartas informativas sobre o período especial de condonación de sancións e regularización a unhas 700.000 persoas que perciben pensións do estranxeiro

(24/02/2015)

Facenda envía cartas informativas sobre o período especial de condonación de sancións e regularización a unhas 700.000 persoas que perciben pensións do estranxeiro

 

Dende Feaer

consideran que estas misivas se deberían ter remitido soamente aos que teñan a obriga de declarar, xa que causan confusión entre os receptores

 

E.E. Martes, 24 de Febreiro de 2015.



A Federación Española de Asociacións de Emigrantes Retornados critica que a AEAT
non dotou as súas delegacións do persoal necesario para atender correctamente aos que regularicen a súa situación con Facenda e aos que reclaman a devolución de multas, recargas e intereses.



A Axencia Tributaria (AEAT
) enviou unha carta informativa a ao redor de 700.000 residentes en España que perciben unha pensión do estranxeiro informandoos sobre a apertura dende o pasado 1 de xaneiro e ata o próximo 30 de xuño dun período especial para que poidan regularizar a súa situación co fisco, é dicir, que os que non declarasen eses ingresos o fagan, sen que sexan sancionados nin teñan que pagar recargas ou intereses de demora. Os que xa o tivesen feito poderán reclamar a devolución de sancións, recargas e intereses xa pagados nese mesmo período.

A misiva, segundo indicaron a este medio fontes da Axencia Tributaria, enviouse tanto aos que teñen a obriga de facer a declaración da renda como aos que non a teñen o cal, a xuízo da Federación Española de Asociacións de Emigrantes Retornados (Feaer), supón unha mostra máis da "grande insensibilidade cos emigrantes retornados" da Axencia Tributaria. A presidenta de Feaer, Eva Mª Foncubierta, considera que esta carta xera dúbidas e medos entre persoas que na súa maioría son de avanzada idade e non están familiarizadas cos pormenores da normativa fiscal, facéndoos crer que teñen que facer a declaración da renda a persoas que, polo seu nivel de ingresos, non teñen obriga de facela.

"Estas cartas deberían terse remitido unicamente ás persoas con obriga de declarar e/ou regularizar as súas pensións, para evitar a este colectivo de persoas maiores e que neste último ano foi tan castigado, un sufrimento innecesario, evitando molestias e preocupacións", afirmou Foncubierta.

Así mesmo, dende Feaer criticaron tamén a falta de medios para atender a alta demanda de información e as peticións de regularización e de devolución.

"Outro gran problema que nos estamos a encontrar é que o Ministerio de Facenda non dotou ás delegacións da AEAT do persoal necesario para atender esta gran demanda de información e sobre todo para levar a cabo esta regularización dos anos 2010, 2011, 2012 e 2013, ocasionando de novo unha molestia e gasto adicional a este castigado colectivo que ten que acudir a empresas privadas, cando é a Axencia Tributaria a que tería que realizar estes trámites", afirmou a presidenta de Feaer.

Ademais, dende Feaer insisten en que debe establecerse un sistema de aprazamento sen intereses dos pagamentos que deberá afrontar o emigrante retornado tras a regularización, que non son nada máis que froito dunha falta de información dende a Axencia Tributaria, "polo que o Goberno debería ser consecuente co dano ocasionado e facilitar en todo o posible a aplicación desta medida extraordinaria, coa que se recoñecía a inxustiza cometida contra os retornados pero non se rectificou de forma xusta".

Homologar a invalidez

Por outro lado, a Federación mantén as súas reclamacións noutros aspectos da normativa fiscal que prexudican aos emigrantes retornados. En concreto, Foncubierta sinalou que seguimos "igualmente" esixindo "que se establezan unhas canles inmediatas de homologación de invalidez, xa que actualmente se produce unha discriminación cara ao pensionista que recibe unha pensión de invalidez do estranxeiro, ao considerarse a invalidez absoluta de España exenta de declarar e non ter o mesmo tratamento unha invalidez do mesmo grao procedente do estranxeiro, véndose prexudicado de novo este colectivo que se viu obrigado a saír ao estranxeiro".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas