GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Dirección Xeral de Migracións prorroga a asistencia sanitaria para os beneficiarios de prestación por razón de necesidade no estranxeiro

(24/02/2015)

A Dirección Xeral de Migracións prorroga a asistencia sanitaria para os beneficiarios de prestación por razón de necesidade no estranxeiro




Martes, 24 de Febreiro de 2015



O Boletín Oficial do Estado (BOE
) publicou o martes 24 de febreiro a resolución da Dirección Xeral de Migracións pola que se prorroga ata o 31 de decembro de 2015 a asistencia sanitaria para todos aqueles españois residentes no exterior que tivesen acreditado a condición de beneficiario de prestación económica por razón de necesidade a favor dos españois residentes no exterior a 31 de decembro de 2014.

O dereito á asistencia sanitaria deste colectivo vén recollido no Real Decreto 8/2008 do 11 de xaneiro e nel establécense os termos en que os beneficiarios das prestacións económicas por razón de necesidade terán cuberta esta continxencia cando carezan dela no país de residencia ou sexa insuficiente..

Nese mesmo Real Decreto establécese que, sempre que exista suficiencia presupostaria, tamén poderán beneficiarse outros españois residentes nos países nos que se subscribise un Convenio para a prestación da asistencia sanitaria, en situación de necesidade debidamente acreditada, así como o cónxuxe e os familiares de nacionalidade española, por consanguinidade ou adopción en primeiro grao dos beneficiarios, sempre que dependan economicamente destes e ademais formen parte da unidade económica de convivencia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas