GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados de Valdeorras constitúen unha plataforma en defensa das súas pensións

(24/02/2015)

Os retornados de Valdeorras constitúen unha plataforma en defensa das súas pensións


Tereixa Paz durante la constitución de la Plataforma de Emigrantes Retornados de O Barco de Valdeorras.
Tereixa Paz durante a constitución da Plataforma de Emigrantes Retornados do Barco de Valdeorras
.

 

I.B. 24/02/2015



A localidade ourensana do Barco de Valdeorras acolleu a constitución da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras
. Os seus promotores destacaron que o obxectivo desta nova plataforma é o de "organizar aos retornados para que se poidan defender do atraco que están a sufrir por parte de Facenda": Os seus promotores cualificaron as multas postas en marcha pola lexislación como "intereses de usura. Pretenden roubarnos o diñeiro que gañamos na emigración e acusarnos de delincuente e defraudadores fiscais".

A plataforma conta co respaldo do BNG de Valdeorras, organizador deste acto. Durante a reunión quíxose mostrar un especial agradecemento a Francisco González Bieitez (presidente da asociación provincial de Ourense
dos emigrantes retornados) "pola información, apoio e colaboración prestada".

A deputada do BNG Tereixa Paz tamén recibiu os agradecementos dos asistentes "polo apoio que nos dá e o esforzo que realiza cada vez que, dende Valdeorras, lle solicitamos algo. Tras batallar todo o día e conducir dende Santiago aguantou en pé todo o tempo que durou este acto, porque non houbo cadeiras abondo para os asistentes," sinalaron os organizadores.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas