GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Catro de cada dez inmigrantes que teñen a súa residencia en Galicia proceden do continente europeo

(23/02/2015)

Catro de cada dez inmigrantes que teñen a súa residencia en Galicia proceden do continente europeo

 

La Opinión. 23.02.2015

 

A diferenza do que ocorría antes da crise, cando as comunidades estranxeiras máis abundantes eran as procedentes de América Latina, hoxe a maior parte da inmigración procede de Europa: 39.823 son cidadáns da Unión Europea e outros 2.172 pertencen a outros países do continente europeo. Neste sentido, dos 97.689 que viven na comunidade, o 43% -uns 41.995- ten pasaporte europeo fronte ao 40% que representan os 38.121 veciños orixinarios do continente americano. Os portugueses son, con diferenza, os europeos que máis se animan a cambiar a súa residencia a Galicia con 18.645 casos, seguidos dos 9.200 romaneses que habitan na comunidade e os 3.526 italianos. De América destacan Brasil (8.146), Cuba (6.943), Venezuela (3.202) ou Arxentina (2.773). Por outra banda, de África proceden só 12.905 persoas -o 13%-, de Asia 4.707 que supoñen o 4% e de Oceanía apenas un centenar que non representan nin sequera o 1% dos estranxeiros que residen en Galicia.

O esborralle da chegada dos estranxeiros prodúcese, case sen excepción, en todos os destinos de orixe salva casos puntuais e rechamantes como o de Nixeria desde onde chegaron 23 estranxeiros máis no último ano, ao pasar de 596 a 619. A diferenza é moito menor e case anecdótica en Nova Zelandia, que achegou catro inmigrantes máis -de 14 a 19-, e Rusia e Tailandia con tres casos máis nun exercicio e que contan con 623 e 35 cidadáns respectivamente vivindo en Galicia. De Eslovaquia, Gambia e Liberia só hai un estranxeiro máis na autonomía que en 2013. As estatísticas do INE tamén revelan que na comunidade galega non habita ningunha persoa con nacionalidade de Arabia Saudita ou Lietchestein, só un de Chipre e dous da República Democrática do Congo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas