GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

"Emprégate a fondo", un novo programa para españois en Bélxica

(20/02/2015)

"Emprégate a fondo", un novo programa para españois en Bélxica



O Programa deseñado espera alcanzar o obxectivo principal de integración dos mozos españois residentes en Bélxica.

Elías Domingo
19/02/2015


O programa emprégate a fondo é un proxecto financiado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social no marco do Programa de Mozos da Dirección Xeral de Migracións, que busca favorecer a integración social e laboral dos mozos españois menores de 35 anos residentes en Bélxica.



Bélxica está entre os países onde os mozos españois emigran en busca dunha situación mellor. Ademais de ter unha situación económica boa e unha taxa de paro baixas, ofrece un mellor nivel de vida e un maior número de posibilidades profesionais.

Os obxectivos do programa son:

. Dotar os mozos dos recursos e a orientación necesaria para a inserción socio laboral en Bélxica.

. Axudar aos mozos a desenvolverse na súa comunidade.

. Facilitar aos beneficiarios as ferramentas necesarias para mellorar o seu perfil de empleabilidade
e incrementar así as posibilidades de inserción laboral no país.

. Familiarizar os mozos co marco legal das relacións laborais do país, así como aspectos relacionados coa organización das empresas do sector.

. Motivar e capacitar os beneficiarios do programa para a busca activa de emprego a través da consecución de logros concretos.

O Programa deseñado espera alcanzar o obxectivo principal de integración dos mozos españois residentes en Bélxica, entendendo esta integración como o resultado dun conxunto de procesos bidireccionais persoais e sociais, entre a sociedade de procedencia, a sociedade de acollida e as persoas emigrantes-inmigrantes.

As actividades que se van levar a cabo concrétanse e encadran nas seguintes actuacións:

. Actividades de información, orientación profesional e asesoramento personalizado sobre emprego e emprendimento
en Bélxica.

. Programa de acompañamento para a inserción laboral, consistente na realización de formación especializada

. Formación de perfeccionamento de francés no país de residencia.

Para máis información, contactar con Cristina Pérez por teléfono (+34 91 531 21 00) ou correo electrónico (cristina.perez@ifi.com.es).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas