GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

É probable que 2015 alcance cifras récord de inmigración, segundo o director de Frontex

(18/02/2015)

É probable que 2015 alcance cifras récord de inmigración, segundo o director de Frontex


O Economista

Por
Christian Lowe



VARSOVIA (Reuters
) - Europa recibirá probablemente este ano unha cifra récord de inmigrantes, segundo asegurou o xefe das fronteiras da Unión Europea, nun momento no que os traficantes de persoas se volveron cada vez máis agresivos ao aproveitarse do caos que sofren en varios países de África e Oriente Próximo.

Moitos dos solicitantes de asilo e inmigrantes que entran de forma ilegal ao vello continente fano a través do mar Mediterráneo, e centos deles morren durante as perigosas travesías, dixo o francés Fabrice Leggeri, director executivo da axencia de cooperación de fronteiras da Unión Europea Frontex
.

A situación de anarquía na que caeu Libia creou un ambiente ideal para os traficantes, que meten os que intentan fuxir da guerra e a pobreza no mundo árabe e a África subsahariana en embarcacións deplorables
que zarpan cara a Europa, principalmente cara a Italia.

Nunha entrevista realizada na sede de Frontex en Varsovia, Leggeri
dixo que dende o primeiro día do ano, as cifras do que denominan na súa axencia como "paso irregular" a Europa en todos os puntos fronteirizos foi o máis alto de todos os que se rexistraron.

Un alto cargo situou esta cifra en máis de 5.600, aínda que as tormentas de inverno e o frío normalmente conseguen deter os traficantes de seres humanos.

Á pregunta sobre se 2015 podería chegar a ser un ano récord, Leggeri
asegura, con rotundidade, que si, "se a tendencia actual se confirma".

En 2014, preto de 300.000 persoas cruzaron de forma irregular as fronteiras para chegar á Unión Europea, dos cales polo menos 218.000 o fixeron pola vía mediterránea, segundo os datos da ONU
.

A outra gran ruta para os inmigrantes é terrestre, dende Oriente Próximo ata os Balcáns occidentais, para logo entrar na UE
, segundo altos cargos.

"Existen razóns obvias: pola situación xeopolítica en Sirya e Oriente Próximo, porque en Libia un só pode dicir que é un estado fallido e que non hai goberno capaz de controlar de forma efectiva o territorio, o que facilita que floreza o crime organizado,".

Así mesmo, Leggeri
sostén que os traficantes están a aumentar a súa agresividade.

Nun caso este mes, un grupo de traficantes sacou as súas armas para ameazar a Garda
Costeira italiana, que estaba a intentar remolcar unha embarcación chea de inmigrantes cara a porto. Os traficantes, dixo Leggeri, querían que se lles devolvese o barco para poder utilizalo noutra ocasión.

Frontex está a cargo dunha misión de gardacostas da UE que patrulla no Mediterráneo coñecida como Operación Tritón, e que comezou a operar o pasado novembro cando Italia reducía a intensidade doutro programa moito maior, Mare Nostrum
, que rescatou máis de 100.000 inmigrantes en 2014.

As travesías no Mediterráneo cobráronse unhas 3.300 vidas o ano pasado, e cre que a principios deste mes máis de 300 persoas puideron morrer tras abandonar Libia en embarcacións inflables.

A Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR
) dixo que a Operación Tritón é inadecuada e instou a Europa a tomar unha nova perspectiva.

Pola súa banda, Leggeri
dixo que a Operación Tritón, que se planeara que se mantivese só ata finais de xaneiro, podería agora estenderse ao longo do ano, engadindo que xa axudou a salvar ata 9.000 persoas.

A Organización Internacional para as Migracións dixo o martes que uns 3.800 inmigrantes foron rescatados do Mediterráneo só dende o venres pasado.

Leggeri dixo que fixera un chamamento aos países membros da UE para que subministren as embarcacións e aeronaves que se necesitan para manter a operación. Frontex
non conta con recursos operacionais propios.

A ' Tritón ' utiliza actualmente nove barcos e dous avións.

"Nós temos que prepararnos, e cando digo 'nós' refírome ao Frontex, pero tamén aos estados membros. Temos que estar preparados para enfrontarnos a un ano moi difícil", concluíu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas