GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Relacións entre poboación, emigración e emprego

(17/02/2015)

Relacións entre poboación, emigración e emprego

 

 

Tres anos despois da posta en marcha da reforma laboral, o certo é que se conta agora con menos parados, pero tamén con menos ocupados que a comezos de 2012


Evolución de la emigración en Galicia y Ourense.

Evolución da emigración en Galicia e Ourense. Evolución da emigración en Galicia e Ourense.



A Rexión

Carlos V. Rumbo García
16/02/2015

 

 

A alta taxa de paro, de xeito especial en España, distorsiona a perspectiva coa que debe analizarse. Os políticos poñen o acento nos aspectos cuantitativos, esquecendo os cualitativos. É preciso recordar que, aínda que á primeira vista poida parecer paradoxal, non é idéntico diminuír o paro que crear emprego.

Tres anos despois da posta en marcha da reforma laboral, o certo é que se conta agora con menos parados, pero tamén con menos ocupados que a comezos de 2012. Iso debe levarnos a cuestionar a baixada do paro, trátase dun aumento do emprego, ou existen outros factores que atenúan a cifra de paro?

A clave deste comportamento está na evolución da poboación activa, que se reduciu no devandito período 2012-2014 en España en 229.700 persoas (en Galicia en 43.800 persoas), ata un total de 23.026.800 personas( en Galicia 1.273.900 ), o que situou a taxa de actividade no 59,77% da poboación ( en Galicia 53.8% ).

Este descenso da poboación activa responde, aínda que algún político diga outra cousa, á saída de cidadáns do país (emigración), ao envellecemento da poboación e ao desánimo que leva a moitas persoas a abandonar a idea de incorporarse ao mercado laboral. Destes tres puntos, o segundo é doadamente cuantificable, mentres que do terceiro non se teñen moitos datos oficiais (aparece na enquisa da EPA
englobado en "outros factores").

Centrémonos, pois, no primeiro punto (emigración) e vexamos se a ocupación en Galicia e en Ourense
seguen a mesma tendencia.

No período 2012-2014 a taxa de ocupación baixa un 0.1%, pero o paro aumenta un 1.2%. No período 2013-2014 increméntase a taxa de ocupación un 0.9 € e descende o paro un 1.7%. As proporcións non son iguais, a baixada do paro dobra ao aumento da ocupación.

Entón, se a taxa de paro creceu ata o 2012, pero baixado dende o 2013, coa taxa de ocupación en relación inversa e o censo de estranxeiros descendendo dende o ano 2008 en que comezou a crise, que é o que provoca a baixada do paro na provincia?

Vexamos que acontece coa poboación galega e ourensana, que saíu do país a partir dos datos proporciónanolos o INE a través do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), tal e como recollen os gráficos que acompañan a este artigo.

Así, chaman a atención varias cousas:

Primeiro, o descenso acusado de poboación, tanto en Galicia coma en Ourense. Dato xa analizado nun artigo anterior centrado na evolución demográfica da provincia, ao que non se lle presta a conveniente atención política e institucional. Nos anos de crise perdeuse poboación (89.807 persoas en Galicia, delas as 14.116 de Ourense).

Segundo, o censo de galegos (e ourensanos ) no exterior segue crecendo, o que, unido ao tema anterior agrava a situación dunha Galicia envellecida que segue perdendo poboación en idade de traballar.

Terceiro. A sangría de perda de poboación non cesa, aínda que crece en menor proporción dende o 2012. O mercado de traballo perdeu 60.034 galegos no quinquenio 2009-2014 sendo, deles, 12.707 ourensanos.

Cuarto. No período 2013-2014 saíron de Ourense 1629 persoas ao estranxeiro, censadas xa noutro país a través do consulado correspondente (non se teñen en conta as non censadas...). Representan un 1.1% da poboación ocupada o que levaría a devandita taxa ao 45.2% real. O paro aumentaría en consecuencia, só no ano 2014, nun 0.5%. Imaxínense se computásemos os 12.707 emigrados no quinquenio,…, iriámonos a un 3.9% por enriba do nivel de paro que mostran as cifras oficiais (un 25% na taxa de paro).

A estas cifras deberiamos engadir o número de persoas estranxeiras que abandonaron Galicia (2.471 persoas en 2013) e Ourense (513 en 2013).

Unha forma de comprobación cualitativa do descenso na poboación ocupada pódese realizar analizando as cifras de cotizantes á seguridade social: o número de afiliados á Seguridade Social en Ourense descendeu en 1.873 persoas no período 2012-2014.

A poboación activa galega diminuíu máis dun 3% en tan só catro anos.

En definitiva, o paro descende, é certo, pero en Galicia e en Ourense aínda se realiza a custa de perder poboación cualificada. Recordemos que a conxuntura económica actual ten a un euro depreciado fronte ao dólar, uns tipos de interese baixos e petróleo máis barato, como factores externos, e como factores internos, salarios máis baixos, inflación reducida e unha normativa laboral que dá máis poder ao empresario.

Poderíase analizar con máis detalle a calidade dese emprego novo, o PIB e a produtividade, pero iso dará para outro artigo.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas