GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha asesoría gratuíta para resolver as dúbidas laborais dos mozos españois en Francia

(11/02/2015)

Unha asesoría gratuíta para resolver as dúbidas laborais dos mozos españois en Francia



 

 

Cartel informativo sobre las permanencias jurídico-administrativas de la CAPFERF.
Cartel informativo sobre as permanencias xurídico-administrativas da CAPFERF
.



I.B
. 11/02/2015

A Confederación de Asociacións de Pais de Familia Residentes en Francia, CAPFERF
, organizará entre o 16 de marzo e ata o 14 de xuño do 2015 un servizo xurídico-legal e administrativo gratuíto ao servizo dos mozos españois residentes en toda Francia.

O obxectivo deste proxecto, subvencionado polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social, é responder ás dúbidas dos residentes en Francia, especialmente a xente nova que está a chegar ao país e se atopa cunha lexislación e unha normativa diferentes e descoñecidas.

O servizo de asesoría estará composto por un avogado (José Rojas Alonso); unha especialista no mundo laboral francés e unha asistenta social (Carmen Pérez Garrido
).

Dende a CAPFERF resáltase a importancia desta actividade "para resolver todas as dúbidas sobre contratos, dereitos, litixios, busca de apartamentos, tarxeta de seguridade social, busca de emprego, preparación dunha entrevista de traballo, C.V
., etc. "

As consultas poden facerse presenciais, por correo electrónico ou vía telefónica previa inscrición obrigatoria.

A reserva é obrigatoria (non se atenderá a ninguén sen previa reserva).

Horarios de permanencias
:

Luns de 18,30 a 20,00 horas: Avogado e asistenta social

Xoves de 18,30 a 20,00 horas: Avogado, asistenta social e especialista laboral

Sábados de 10,30 a 12,00 horas: Especialista laboral

As consultas son individuais logo de reserva a través do correo electrónico
seminario.paris@gmail.com

As consultas poden ser presenciais, telefónicas ou por correo electrónico

As permanencias
presenciais terán lugar en:

15, rue Gay-Lussac

75005 París

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas