GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta abre o prazo de solicitude para participar no programa "Reencontros na Casa"

(11/02/2015)

A Xunta abre o prazo de solicitude para participar no programa "Reencontros na Casa"



Llegada al aeropuerto de Santiago de parte de los beneficiarios del programa Reencontros na Casa, en 2014.

Chegada ao aeroporto de Santiago de parte dos beneficiarios do programa Reencontros na Casa, en 2014.




A Rexión Internacional 11/02/2015


O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de hoxe a resolución da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula e convoca o programa "Reencontros na
Casa" para residentes no exterior, durante o ano 2015. Esta iniciativa ten por obxecto ofrecer a posibilidade de achegarse á súa terra e a súa familia, aos galegos residentes en diferentes países de Latinoamérica. A través deste programa facilítase que estes emigrantes teñan a oportunidade de redescubrir as súas raíces e darlles a coñecer a realidade actual de Galicia, case sempre nos mesmos lugares nos que naceron. Para algúns deles, de feito, é o primeiro retorno ao seu lugar de nacemento dende que iniciaran a súa nova vida noutros países.

O programa establece a concesión de axudas, polo valor do 60% do custo da pasaxe, entre os seus países de residencia e Santiago de Compostela, agás no caso de "países nos que existan dificultades para acceder ás divisas necesarias para sufragar a parte que debe aboar a persoa beneficiaria, debido a dificultades na política de cambio,". Nestes casos, a Administración galega poderá sufragar ata o 100% do custo da pasaxe.

O papel da Administración galega, ademais de sufragar a parte correspondente da pasaxe, é o de velar pola súa saúde no traslado, e organizar o reencontro coas familias. Unha vez realizado este, as familias serán as encargadas do mantemento e hospedaxe dos beneficiario. A duración da estanza en Galicia non pode prolongarse en ningún caso máis alá dos tres meses.

Aposta polo social

As condicións que se establecen na edición deste ano do programa non varían respecto a anos anteriores, pero si o número de prazas, que aumenta un 3% ata alcanzar as 200. Para beneficiarse do programa, o solicitante debe acreditar ter nacionalidade española e ser emigrante galego ou fillo de emigrante galego, residir en Iberoamérica, ter polo menos 65 anos, ser válido por si mesmo e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes da Secretaría Xeral de Emigración, ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia, así como ter ingresos inferiores a tres veces o importe da pensión asistencial española por ancianidade marcada para o país de residencia (cantidade distinta á correspondente en España). Igualmente, poden beneficiarse os cónxuxes dos emigrantes galegos que cumpran algúns destes requisitos, segundo establece a orde reguladora do programa.

Perfil dos participantes

Aínda que os participantes deben ter polo menos 65 anos, fai falta subliñar que a media de idade do continxente supera sempre de sobra esta cifra; así, no pasado ano 2014 a media foi de 75 anos. O 58% deles participaba por vez primeira na iniciativa, e algún deles non volvera a Galicia dende que decidiran poñer rumbo ao seu novo fogar en Iberoamérica. Unha das persoas beneficiarias, unha galega residente na Arxentina, contaba 95 anos de idade.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas