GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Exteriores explica en infografía como votar dende o estranxeiro nas municipais e autonómicas

(06/02/2015)

Exteriores explica en infografía como votar dende o estranxeiro nas municipais e autonómicas

 

 

El gráfico de Exteriores intenta resolver las dudas a la hora de votar, de los españoles residentes fuera de España.
O gráfico de Exteriores intenta resolver as dúbidas á hora de votar, dos españois residentes fóra de España.




A Rexión Internacional 05/02/2015



O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación elaborou unha infografía no seu sitio web (www.exteriores.gob.es
) para explicar aos cidadáns españois que pasos teñen que dar se van votar dende o estranxeiro nas próximas eleccións municipais e autonómicas, que se celebrarán nos meses de marzo e maio.

Aquelas persoas que estean de paso no estranxeiro nesas datas (22 de marzo e 24 de maio) poderán votar nos dous procesos electorais, pero os residentes no exterior só teñen dereito a participar nas autonómicas.

No caso dos primeiros, deberán comunicar o seu desexo de votar dende o estranxeiro antes do próximo 21 de febreiro, para as eleccións ao Parlamento de Andalucía, e antes do 25 de abril para os comicios municipais e as autonómicas en Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Extremadura, La Rioja
, Madrid, Murcia, Navarra, Comunidade Valenciana, Ceuta e Melilla.

Os pasos que teñen que seguir son rexistrarse como "non residentes" na Oficina Consular máis próxima e encher o impreso de solicitude da documentación electoral que pode descargarse na web de Exteriores ou en www.infoelectoral.interior.es
.

Cando lle chegue a documentación electoral ao seu domicilio temporal no estranxeiro, deberá remitirá o sobre correspondente por correo certificado á Mesa electoral ata o día 18 de marzo (inclusive), para as eleccións ao Parlamento de Andalucía, e ata o 20 de maio para as municipais e autonómicas.

Inscrición no CERA

No caso dos residentes permanentes no estranxeiro, poderán votar nas eleccións autonómicas se figuran inscritos no Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA) antes do 1 de novembro
de 2014, (para as eleccións andaluzas) e de forma previa ao 1 de xaneiro de 2015 para o resto dos comicios de maio.

A Oficina do Censo Electoral enviará de oficio o impreso de solicitude de documentación electoral aos electores incluídos no CERA, se ben este impreso se pode descargar nas páxinas web dos Ministerios de Exteriores e Interior, ou pedilo nas oficinas consulares.

Ese impreso, debidamente cumprido e acompañado de fotocopia de pasaporte ou DNI, terá que remitirse á correspondente Delegación
Provincial da Oficina do Censo Electoral, que posteriormente remitirá á dirección do elector a documentación para que poida votar e unha folla informativa coas instrucións para facelo por correo ou depositando o seu voto en urna na súa oficina consular.

O Ministerio de Exteriores tamén colgou na súa web un folleto informativo coas dúbidas máis frecuentes que poden xurdir aos cidadáns que votan dende o estranxeiro.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas