GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Asociación de Retornados do Ulla-Umia traslada as súas xornadas sobre pensións ao Salnés

(06/02/2015)

A Asociación de Retornados do Ulla-Umia traslada as súas xornadas sobre pensións ao Salnés



I.B
. 06/02/2015



A asociación de emigrantes retornados Ulla-Umia continúa co ciclo de reunións co fin de informar a todos os afectados polo proceso aberto para a regularización no IRPF de pensións pagadas dende o estranxeiro así como para poder solicitar a condonación de intereses, sancións e recargas. Despois de dúas semanas percorrendo os concellos da bisbarra Ulla-Umia, e do Deza para a próxima semana empezarase na bisbarra do Salnés
.

Dende a Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia
destácase que "con estas reunións se pretende que todos os veciños teñan a información necesaria para poder solicitar as sancións e intereses pagados pola non inclusión na declaración da renda de pensións cobradas do estranxeiro, así como informalo dos pasos a seguir se nunca se incluíron as devanditas pensións na declaración da renda".

Para facilitarlles os trámites aos retornados, a Asociación asinou un convenio de colaboración coa AEAT
o pasado mércores día 21 na Delegación Especial da Axencia Tributaria en Galicia.

As charlas terán lugar os próximos 10 e 12 de febreiro. O 10 de febreiro, a AERU estará presente no Edificio de Usos Múltiples de Portonovo
, ás 19,00 horas.

A cita trasladarase o día 12 de febreiro ao Centro Comarcal Exposalnés, en Cambados, ás 20,00 horas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas