GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Radio Exterior de España

(06/02/2015)

Radio Exterior de España "optimizará" as frecuencias de onda curta para mellorar a súa calidade





A REXIÓN INTERNACIONAL 04/02/2015




Radio Exterior de España optimizará as frecuencias da onda curta, para mellorar a calidade de emisión da súa programación e que sexa recibida nas mesmas condicións que cando se suspendeu o servizo, en outubro pasado, continuado a mediados de decembro, segundo explicaron representantes da Plataforma en defensa da Onda Curta.

"Tras o estudo das noticias enviados polos barcos en alta mar e radio escoitas de todo o mundo, a dirección de RNE e REE
acordaron desdobrar as frecuencias os fins de semana, xa que a información tanto de terra coma de mar indican que a calidade da recepción non é estable durante as oito horas que dura a emisión", aseguraron dende a plataforma.

Deste xeito, pasarase a utilizar dúas frecuencias para que se poida escoitar as oito horas. Así, os presentes na reunión indicaron que a radio pública prevé que o cambio se fará "o máis rápido posible", probablemente a partir deste fin semana.

Así mesmo, respecto ás emisións de luns a venres, acordouse readaptar as frecuencias, subíndoas na maioría dos casos, para garantir a estabilidade da recepción ao longo das catro horas de emisión.

Este cambio levarase a cabo o 28 de marzo, coincidindo coa variación de esquema de emisións de todas as radios internacionais regulada pola High Frecuency Cordination Corporation
, organismo encargado de coordinar as frecuencias das emisoras internacionais.

Xunto a representantes da plataforma, ao encontro, celebrado na Casa da Radio, este mediodía, acudiron o director de informativos de RNE, Alberto Martínez Arias; o director de REE, Antonio Sigris, e o director de medios, e o director de medios técnicos de RNE Manuel Giménez.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas